spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación de Pontevedra promociona a provincia cun stand propio en Fairway

A Deputación de Pontevedra promociona a provincia cun stand propio en Fairway

Cidade Vella de Santiago de Compostela. Vivir, peregrinación, turismo e futuro

Participará xunto con outros 110 expositores no V Fórum do Camiño de Santiago que terá lugar en Compostela. Trátase do primeiro congreso con feira tematizada a nivel internacional centrada no fenómeno xacobeo

Revista Cousas De Nº19

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar na súa estratexia de promoción turística coa participación, entre o 1 e o 3 de novembro en  Fairway. O V Fórum do Camiño de Santiago terá lugar en Compostela e trátase do primeiro congreso con feira tematizada a nivel internacional centrada no fenómeno xacobeo.

“Temos moi claro que para que esta provincia vaia a máis é unha obriga apostar por este Itinerario Cultural Europeo, polo Camiño de Santiago, e polas seis rutas oficias que atravesan a provincia cara Compostela”, remarcou a deputada de Turismo Nava Castro ao detallar que a institución provincial terá unha participación activa no evento a través dun stand propio.

Fairway Workshop facilitará máis de 3.000 reunións de traballo con 40 turoperadores de 16 nacionalidades

No stand da Deputación, tal e como explicou Nava Castro, distribuiranse entre o 1 e o 3 de novembro preto de 3.500 materiais informativos en castelán e inglés centrados nas rutas que atravesan a provincia cara Compostela, así como nos atractivos naturais, culturais, patrimoniais e gastronómicos de Pontevedra. Tamén haberá folletos sobre o Mosteiro de Armenteira e a Ruta das Camelias, sobre elementos de arquitectura contemporánea e propostas de rutas, experiencias e rutas en moto que se poden realizar na provincia.

Ademais, tal e como remarcou Nava Castro, “queremos facer tamén fincapé na diversidade de Itinerarios Culturais Europeos que atravesan a provincia entre os que se atopan, xunto ao Camiño de Santiago, o Gran Itinerario Cultural de VIkingos e Normandos, a Ruta europea das Abadías Cistercienses, os Camiños da Arte Rupestre Prehistórica, a Ruta dos Fenicios e a Ruta Europea dos Xardíns Históricos”.

Fairway contará na súa quinta edición coa participación de máis de 110 expositores. Ademais, completa o fórum un congreso no que se debaterá sobre “Veciños, turistas e peregrinos, condenados a entenderse”, “Taxa turística. Alea jacta est”, “Rutas e Camiños no mundo. O fenómeno das peregrinacións máis alá das nosas fronteiras” e a “Xestión da seguridade e hixiene no Caiño de Santiago. Houston, temos un problema”.

Haberá tamén unha “Academy” que afondará nas “Técnicas de atracción e conversión de tráfico para competir coas OTAS”, “Intelixencia artificial ao servizo do viaxeiro, realidades para aproveitar o potencial das máquinas”, “Whatsapp, marketing e comunicación instantánea. A intelixencia artificial no proceso de interacción entre aloxamento e viaxeiro”, “Tik Tok como ferramenta de xeración de reservas”, “YouTubers, Bloggers, TikTokers e Instagrammers. Estarse a facer algo ben á hora de captar a atención do público?”,  “Nómadas dixitais: un mercado internacional para o Camiño de Santiago” e “Economía circular. Sumamos un grao á sostibilidade”.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]