spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Clúster Turismo de Galicia celebra unhas mesas de traballo para coñecer...

O Clúster Turismo de Galicia celebra unhas mesas de traballo para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do sector en Baiona

o-cluster-turismo-de-galicia-celebra-unhas-mesas-de-traballo-para-conecer-de-primeira-man-as-necesidades-e-demandas-do-sector-en-baionaO Clúster Turismo de Galicia celebrou unha mesas de traballo en Baiona, concretamente, no Multiusos Mercado de Sabarís, para elaborar un diagnóstico do sector, coñecendo de primeira man as súas necesidades e demandas do sector na Vila.  A información recompilada servirá para elaborar un informe que servirá de base para deseñar a planificación turística de Galicia dos próximos anos.

Revista Cousas De Nº19

A iniciativa, froito da colaboración entre a Agrupación industrial e a Axencia de Turismo, busca a máxima participación de todos os axentes do ecosistema turístico. Por eso, en paralelo á convocatoria das mesas de traballo, lanzouse un cuestionario online para dar cabida a todos os profesionais deste ámbito que queiran participar.

O obxectivo é “recoller información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos do noso sector para coñecer de primeira man a que enfróntase o noso turismo xunto co das diferentes zonas da comunidade”, sinala o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.

A Concellería de Turismo de Baiona participou activamente nesta mesa de traballo encabezada pola Concelleira, Sheila González Martíns, xunto con distintos  axentes públicos e privados do sector de Baiona. Alí expuxeron as necesidades e retos para os próximos anos do turismo baionés. Tamén ha participo na mesa o Concelleiro de Mar e de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce.

Ademais, en colaboración coas tres universidades galegas, elaborarase un informe científico sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia, analizando pormenorizadamente os recursos que constitúen parte da súa oferta diferencial.

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo buscan con este estudo coñecer a foto actual do sector nun momento marcado polos cambios nos hábitos dos turistas, con tendencias marcadas pola sustentabilidade e a dixitalización, e o Concello de Baiona estará representado con toda a información e a achega do sector turístico baionés participante nesta interesante mesa de traballo celebrada na Vila.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]