spot_img
InicioBaixo MiñoAndatui organiza a X Camiñada Solidaria 2023 en favor de SOS Tomiño...

Andatui organiza a X Camiñada Solidaria 2023 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño

andatui-organiza-a-x-caminada-solidaria-2023-en-favor-de-sos-tomino-baixo-minoO próximo domingo 12 de novembro o club de senderismo Andatui ten programada a X Camiñada Solidaria 2023 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño
Este ano a Camiñada Solidaria levarase a cabo na parroquia de Ribadelouro, xa que nos acercaremos ás inmediacións das covas da Trapa onde espeleólogos do Clube Maúxo falarán da segunda cova granítica máis importante de Europa.
.
Esta pequena ruta circular, de percorrido fácil, ten unha distancia aproximada duns 6 quilómetros.
.
É moi importante sinalar que en ningún momento se ten previsto acceder ao interior das covas da Trapa, simplemente achegarase ata as inmediacións e alí os espeleólogos falarán das covas. O acceso ás covas só é recomendado a espeleólogos expertos.
A visita comeza desde o aparcadoiro do campo de futbol de Ribadelouro, ás 09:00 horas.
.

IMPORTANTE, para participar só hai que inscribirse no formulario de inscricións e aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros. Alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

Toda a información e formulario de inscricións en www.andatui.es

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.