spot_img
InicioO SalnésA Deputación de Pontevedra implanta en 4 concellos un sistema para a...

A Deputación de Pontevedra implanta en 4 concellos un sistema para a mellora da xestión das redes de saneamento por medio das novas tecnoloxías e a modelización matemática

 

abastecimiento y gestión del aguaA Deputación de Pontevedra implantará nos concellos de Cambados, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Baiona un sistema para a mellora da xestión das redes de saneamento e depuración.

Farao no marco do proxecto Saneplan, integrado no proxecto europeo Life + e que se desenvolve en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia e coa empresa italiana Phisys, dependente da Universidade de Florencia.

O obxectivo é deseñar e validar sistemas de planificación integrada das infraestruturas de saneamento, utilizando novas tecnoloxías  de precisión aplicadas a todos os elementos que integran o servizo de saneamento e depuración.

Créase así un sistema no que se van recollendo datos en todos e cada un dos puntos do sistema (bombeos, tuberías, válvulas, pozos de rexistro, EDAR….) de forma que, por medio do seu tratamento tecnolóxico e matemático, se poida obter información relevante para a mellora da xestión e deseño das redes.

Os custes asociados ao saneamento e á depuración; as respostas da rede e as modificacións precisas ante posibles variacións debidas ao cambio climático (aumento ou diminución da choiva) e as necesidades de ampliación no caso de darse unha maior presión urbanística, son algúns dos datos que se obteñen.

abastecimiento y gestión del aguaCon esta información, poderá mellorarse tanto a calidade das verteduras como a xestión das infraestruturas  e o seu deseño, de forma que as redes de saneamento poidan dimensionarse adecuadamente e planificarse de forma acorde coa xestión urbanística e, tamén, cos parámetros máis adecuados para a protección do contorno natural e urbano.

Así mesmo, permitirá aforrar custes en enerxía e asegurar o futuro dos recursos hídricos, ao adaptar as redes ás necesidades reais de cada poboación.

Concurso público

Os 4 concellos seleccionados e nos que se vai comezar a implantar este sistema funcionarán a modo de proxecto piloto, xunto con un concello da Toscana (en Italia), de forma que se poida comprobar o funcionamento do sistema e corrixir os posibles fallos.

A elección dos concellos nos que se vai desenvolver esta experiencia piloto realizouse por medio dun concurso público aberto, ao que podían presentarse todos os concellos e mancomunidades da provincia interesadas.

Os tres municipios da comarca de Arousa fixérono de forma conxunta a través da Mancomunidade de O Salnés, mentres que Baiona o fixo de forma individual.

Á hora de valorar as propostas tívose en conta os traballos e compromiso previo coa xestión integral do ciclo da auga.

Así, valoráronse as estratexias e políticas implantadas ata a dada en canto á gobernanza sosible do ciclo da auga, as ferramentas dispoñibles no ámbito da xestión do ciclo da auga, a existencia de datos iniciais referidos ás redes de abastecemento e saneamento en formato dixital e a existencia dun mapa de rúas do concello dixitalizado total o parcialmente.

Proxecto pioneiro

Trátase da primeira vez en Europa que se pon en marcha un proxecto para modelizar unha rede de saneamento e depuración tendo en conta as características urbanísticas, e as relacionadas con posibles modificacións do escenario inicial como o incremento ou redución da poboación, o cambio climático con maior ou menor pluviosidade e outros parámetros que afectan ás redes.

Nos próximos meses, a Deputación de Pontevedra empezará a traballar, conxuntamente cos socios do proxecto e cunha empresa especializada en modelización de redes e enxeñería da auga, na obtención dos datos necesarios para deseñar e crear a ferramenta necesaria para aplicar á rede de saneamento dos concellos nos que se vai implantar a modo de proxecto piloto.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.