spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona apuesta pola eficiencia enerxética

Baiona apuesta pola eficiencia enerxética

BAIONA APOSTA POLA EFICIENCIA ENERXÉTICAActualmnente en Baiona, está a traballarse na segunda fase de investimento eléctrico no concello, que engloba o viario principal desde a rotonda do Xeneral Santos Peralba até o Porto Pesqueiro nuns 270 puntos que permitirá un aforro duns 113.000 kw/ano o que é o mesmo 14.000 euros de aforro enerxético co que este investimento se amortizase antes de cumprir o ano.

Esta obra habería que sumala á actuación realizada recentemente no pavillón de Covaterreña de competencia municipal, instalando alumado de última tecnoloxía tipo led polas súas grandes vantaxes como a óptima rapidez de aceso, a gran durabilidad das lámpadas moi superior ás anteriores e polo seu aforro enerxético que se estima nun 70% do actual pois se pasa de lámpadas de 400 w a proxectores led de 150 w.

Con esta eficiencia enerxética estímase recuperar o investimento antes dos 2 anos.

Desde a concejalia de Medio Ambiente transmítennos que xunto co Pavillón de Deportes valórase a posibilidade de continuar nesta liña de aforro no campo de fútbol municipal do Aral, pois con estas dúas actuacións poderíanse aforrar ao ano uns 70.000 kw ou o que é o mesmo que descendese a factura anual da luz nuns 8.600 euros.

- Publicidade -spot_img