spot_img
InicioBaixo MiñoA Deputación de Pontevedra destina 620.000 € para contratar 64 personas en...

A Deputación de Pontevedra destina 620.000 € para contratar 64 personas en cinco concellos da provincia

a-deputacion-de-pontevedra-destina-620-000-e-para-contratar-64-personas-en-cinco-concellos-da-provincia

A Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa son os beneficiarios desta achega ao abeiro do Plan Concellos 2017

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 618.493,38 €, no marco da liña tres de emprego do Plan Concellos 2017, destinados aos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa.  Con esta achega, e coa aprobada a comezos da semana, a institución provincial leva xa investidos 933.017,85 € para que oito concellos da provincia poidan contratar a 113 persoas para manter e garantir os servizos municipais.

A Presidenta da Deputación asegurou que “se esta mesma semana se aprobaban as primeiras concesións da liña tres, emprego, do Plan Concellos 2017 destinadas a Cuntis, Arbo e As neves, para que puidesen contratar a 49 persoas, esta semana os concellos beneficiados son A Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa, con preto de 620.000 €”.  En concreto, achégase á Guarda 154.852,58 € para a contratación de 17 persoas, a Oia 94.434,08 € dirixidos a 12 persoas, ó Rosal 122.875,92 € para 14 persoas,  a Vila de Cruces 134.770,60 destinados a 11 persoas e a Vilaboa 111.560 € para a contratación de 10 persoas.

Con esta aprobación, e co aprobada na Xunta de Goberno celebrada o 23 de xaneiro, “levamos xa investidos 933.017,85 € na liña tres o que supón o 10,06% do investimento asignado a esta liña e 113 persoas empregadas en oito concellos da provincia”. Carmela Silva recordou que este ano a achega total da liña tres é de 9.270.000 € o que supón o 22,5% do total do Plan Concellos 2017, que conta con 41,2 millóns de €, un 3% máis que en 2016.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.