spot_img
InicioBaixo MiñoUn ano máis, Tomiño aposta pola promoción dos seus grupos musicais e...

Un ano máis, Tomiño aposta pola promoción dos seus grupos musicais e pon en funcionamento o “Circuito Cultural 2017”

No últimos anos rexistráronse máis dun centenar de solicitudes adscritas ao “circuíto cultural”, beneficiándose tanto os grupos, coma as comisións de festas

O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases para o “Circuíto Cultural 2017”, co fin de promocionar as agrupacións musicais tradicionais do municipio, que figuren inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Tomiño. “A creación e interpretación da música tradicional é un ben inmaterial que coñecemos e necesitamos coidar; asuminos a responsabilidade de impulsar a creación de novas agrupacións relacionadas co folclore local, ofrecendo unha liña de axudas que permita o descubrimento e contratación das mesmas”, explican dende o Concello.

O programa vai dirixido concretamente a comisións e organizadores de festas que poderán contratar de xeito subvencionado grupos musicais tomiñeses (bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas, pandereteiras, charangas ou murgas e grupos de acordeón.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ao longo de todo o ano 2017, dende o día seguinte á publicación da convocatoria das bases na páxina web (www.tomino.gal) e no Tablón de Edictos do Concello.

As formacións culturais que se inclúen na oferta tiveron que asinar previamente co Concello un convenio que faga posible a iniciativa, e amosaron a súa satisfacción pola mesma.

Para que as comisión de festas poidan acceder a dita axuda deben en primeiro lugar contratar o grupo e fixar a súa actuación, comunicándoo logo por escrito á Concellería de Cultura, cunha antelación de 30 días. Deste xeito, a achega do Concello materializarase unha vez que a comisión de festas de que se trate, presente o correspondente recibo de pago. Solo poderase presentar unha solicitude por evento.

Esta iniciativa leva funcionando dende o ano 2012 e ten favorecido a promoción e contratación de grupos musicais locais. No últimos anos rexistráronse máis dun centenar de solicitudes adscritas ao “circuíto cultural”, beneficiándose tanto os grupos, coma as comisións de festas. Este ano o número de grupos apuntados no programa increméntase acadando a quincena. As formacións que participan no “circuíto cultural” 2017 correspóndense con corais, treboadas, bandas de música, grupo de gaitas, murgas e charangas e acordeóns.

A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que “este é un xeito máis equitativo de promocionar os grupos musicais de Tomiño e de favorecer a súa presencia e contratación, dentro do propio municipio”.

Tanto as bases completas da convocatoria, coma o modelo de solicitude e de xustificación de gastos, poden consultarse na páxina web do Concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.