Inicio Pontevedra Gondomar declara o 2017 'Ano do Conde de Gondomar' e prepara numerosos...

Gondomar declara o 2017 ‘Ano do Conde de Gondomar’ e prepara numerosos actos de recoñecemento institucional

Deputación-Pontevedra-financia-publicación-libro-Gondomar-Versus-Raleigh

O pleno da corporación municipal cos votos a favor de todos os grupos,  a excepción de Gondomar Concello Aberto que se abstuvo, declarou o 2017 como Ano do Conde de Gondomar coincidindo co  400 anos do seu nomeamento como primeiro Conde de Gondomar por Felipe III e o 450 do seu nacimiento.

Para o gobierno municipal o Conde de Gondomar Don Diego Sarmiento e Acuña é un dos personaxes mais relevantes do Val Miñor. Ostentando cargos como o de capitán de Baiona, pola sua defensa da costa atlántica nas numerosas contendas contra Francis Drake; por impedir en reiteradas ocasiones a conquista da baía de Baiona ou Illas Cies e a salvaguarda da ciudade de A Coruña.

Así mesmo Don Diego foi embaixador en Londres durante o reinado de Jacobo I, sendo gran impulsor de pactos políticos entre a coroa española e Inglaterra; e un dos máis recoñecidos politólogos e diplomáticos da época. Poseía Don Diego unha das bibliotecas máis importantes do reino de España con máis de 15 mil exemplares no seu haber, donada na sua maioría a  Biblioteca do Palacio Real polos seus herdeiros. Actualmente figura como correxidor perpetuo de Valladolid e de Toro.  Encuentrase sepultado na cripta de San Benito el Viejo, en Valladolid.

Con motivo da declaración do Ano do Conde de Gondomar o Concello de Gondomar levará a cabo numerosos actos de recoñecemento institucional. Entre eles, un gran acto no mes de xuño onde se espera contar coa presencia do presidente da Xunta, da presidenta da Deputación de Pontevedra,  e dos alcaldes do Val Miñor, Valladolid e Toro así como representantes do Ministerio de Cultura e da Casa Real.

Ademáis  levaranse a cabo un ciclo de conferencias en torno a traxectoria do Conde, a sua labor diplomática, de escritor e de defensor de idioma galego e de Galicia, así cómo a faceta musical coas  partituras que lle acompañaron nos seus viaxes.

Para conmemorar esta celebración o Concello de Gondomar colocará na sua documentación oficial, o grabado do Conde que actualmente  encóntrase custodiado na Biblioteca Nacional de Madrid.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies