·Publicidade ·spot_img
InicioO SalnésA Deputación de Pontevedra concedeulle unha subvención de 240.409 euros ó Concello...

A Deputación de Pontevedra concedeulle unha subvención de 240.409 euros ó Concello de Cambados para mellorar a seguridade viaria no lugar do Sineiro, en Vilariño

cambados-presenta-o-seu-proxecto-de-compostaxe-comunitariaA obra consistirá na renovación integral do pavimento da estrada e na construción de beirarrúas nun dos lados da calzada. O obxectivo do traballo é mellorar as condicións de seguridade da vía que sirve de acceso ó colexio de Vilariño, ó campo de fútbol e á bodega Martín Códax

A subvención concedida será para acometer a primeira fase da mellora integral da estrada de subida a Burgáns, en Cambados. As actuacións abarcarán desde o cruzamento coa avenida de Vilariño ata as proximidades da parcela onde se sitúa a empresa Transportes Núñez. Nunha segunda fase a Deputación afrontará a conexión da subida a Burgáns coa estrada provincial A Modia-Oubiña

 

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade