spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra amplía o programa Smartpeme dando un novo impulso...

A Deputación de Pontevedra amplía o programa Smartpeme dando un novo impulso no asesoramento TIC ao sector socioeconómico da provincia

A Deputación de Pontevedra amplía o programa Smartpeme dando un novo impulso no asesoramento TIC ao sector socioeconómico da provinciaO goberno provincial suma máis recursos e inxecta outros 170.000 euros para poñer en marcha novos programas para o turismo, o comercio e o terceiro sector

Co obxectivo de poñer en marcha novos proxectos de Smartpeme destinados a implementar as TIC en novos sectores socioeconómicos, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra da un paso máis no impulso deste programa de asesoramento tecnolóxico ás pemes e persoas emprendedoras e autónomas, coa ampliación do contrato de xestión en case 170.000 euros

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, detallou que “estes novos programas de implantación das TIC están dirixidos ao terceiro sector, ao turismo, tanto ao persoal técnico como ao sector, e tamén ao comercio minorista. Son moi potentes, engadiu, porque son sectores que van a precisar de ter instrumentos TIC que, nestes tempos, son unha ferramenta clave para poder reactivar a actividade económica, manter os empregos e seguir xerando beneficios”. Sobre a iniciativa destinada ao terceiro sector, Carmela Silva subliñou a súa importancia xa que “é o sector económico que permite que a xente máis vulnerable e a xente que está fóra do mercado laboral, por todo tipo de condicionamentos, poida ter vías de emprego, de xerar actividade e, en definitiva, ter dignidade de vida”.

Carmela Silva: “Nestes tempos as TIC son unha ferramenta clave para poder reactivar a actividade económica, manter o emprego e seguir xerando beneficios”

Ao través desta nova inxección económica, vai desenvolverse unha carteira de servizos dirixida a entidades deste terceiro sector, impulsarase unha carteira de servizos para o comercio minorista e levaranse a cabo accións de asesoramento e de impulso ao turismo, destinado a persoal técnico dos concellos e persoal do sector. Tamén no turismo, impulsaranse, entre outras accións, novas accións entorno a Turistic, levando a cabo un novo evento Hackathon, neste caso online.

A presidenta da Deputación tamén adiantou que a mediados de maio porase en marcha un novo proxecto de asesoramento particular e permanente sobre as axudas que están en vigor tanto a nivel estatal como a nivel autonómico, destinado a pemes e persoas autónomas. “Falamos dun servizo de información práctica que permita responder ás súas dúbidas. Hai tantas axudas de diferentes administracións, tantos decretos e tantas normativas que moitas destas pequenas e medianas empresas non poden resolvelas ao non ter a capacidade para pagar a unha xestoría ou a unha consultaría”, dixo Silva.

Este servizo, que se activará desde o departamento de Emprego da Deputación e desde a Rede SmartPeme, analizará todas as novidades que afecten a persoas autónomas e pemes para poder facilitar este programa de asesoramento e información práctica. “Somos plenamente conscientes de que hai xente moi preocupada e con moitas dúbidas e por iso vamos a traballar para activalo o antes posible”, rematou a presidenta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.