·Publicidade ·spot_img
InicioCondado ParadantaA ParadantaA Deputación anima a acudir á Cañiza a degustar "o mellor xamón...

A Deputación anima a acudir á Cañiza a degustar “o mellor xamón do noroeste peninsular”

A Deputación anima a acudir á Cañiza a degustar "o mellor xamón do noroeste peninsular" A Deputación de Pontevedra anima a acudir á Cañiza a degustar “o mellor xamón do noroeste peninsular” e a gozar da súa paisaxe e patrimonio na festa e todo o ano

A Cañiza celebra esta fin de semana a festa-feira do seu produto estrela, o que supón unha oportunidade ideal para acudir a degustar “o mellor xamón de Galicia e o noroeste peninsular, incluído Portugal, e un dos mellores de toda España”. Así o definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen animou a visitar a vila do Condado-Paradanta para gozar da súa cociña, paisaxe e patrimonio. “A Festa-Feira do Xamón é un gran atractivo que A Cañiza soubo usar para ser unha referencia gastronómica en torno a un produto delicioso”, explicou durante a presentación do evento xunto ao alcalde Luis Piña, o deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e concelleiras e concelleiros do goberno municipal.

A degustación popular non se celebrará este ano pola pandemia pero haberá actividades na Cañiza toda a fin de semana. A presidenta animou a visitar a vila durante a festa e en calquera outra data e enxalzou os seus atractivos. “As persoas que veñan van coñecer un pobo fermoso, cada día máis cheo de actividade, e gozarán do seu entorno natural”, subliñou Carmela Silva, para engadir que A Cañiza “ten moitos lugares que visitar e valores dos que namorarse, e conta cunha hostelería de altísimo nivel”.

Carmela Silva subliña na presentación desta Festa de interese turístico galego, que a vila “soubo usar este evento para ser unha referencia en torno a un produto delicioso”

Malia as cancelacións que conlevan as restricións sanitarias a presidenta fai fincapé na necesidade de promocionar as festas. “Precisamos estar presentes con moita potencia e facer todo o que se poida con actividades culturais. Cultura, patrimonio, gastronomía, paisaxe e natureza son todo un, e fan que a xente queira vir a coñecernos porque temos moito que ofertar”, explicou a presidenta, quen destacou que a Deputación está a facer con este propósito “un enorme esforzo da man dos concellos para que a actividade chegue a todas partes e encher os pobos de vida”. A máxima responsable da institución provincial lembra que é posible degustar o xamón e outros produtos gastronómicos nos establecementos hostaleiros de A Cañiza. “Hai locais marabillosos, con grandes profesionais e un produto único. Se queren voltar a sorrir teñen que vir a A Cañiza. Temos o mellor xamón, dunha calidade extraordinaria, que non se corta nin sirve igual en ningún outro sitio. Veñan a gozar deste manxar e doutros grandes produtos da nosa gatronomía”, incidiu.

A Cañiza, “terra do xamón”

O alcalde, Luis Piña, lembrou pola súa banda que A Cañiza é coñecida como “terra do xamón” e resaltou as “condicións orográficas excepcionais” da vila para o curado, cun microclima idóneo a 550 metros de altura sobre o nivel do mar. “A experiencia e o capital humano teñen tamén moito que ver no resultado final dun xamón que é o mellor de Galicia e dos mellores de toda España”. O rexedor agradeceu a presenza da presidenta, a quen cualificou como “unha amiga da Cañiza, como ten demostrado desde a xestión política”, e lembrou que durante toda a fin de semana haberá actuacións musicais, entre elas concertos de Os de Abaixo (o venres), Milladoiro (sábado) e Tamara Pérez (domingo). Tamén será homenaxeado o equipo de fútbol local polo seu 50º aniversario e celebrarase o paseo tradicional dos cabezudos dentro dos actos das festas.

“Agardo que en 2022 entremos na normalidade e poida regresar a degustación, o concurso de cortadores, o bocadillo xigante e a cata. Este ano que todo o mundo veña a A Cañiza porque en todos os locais poden gozar do noso gran xamón”, apostilou o alcalde.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies