Inicio Val Miñor Nigrán A comunidade educativa do CEIP Humberto Juanes presenta a IV edición da...

A comunidade educativa do CEIP Humberto Juanes presenta a IV edición da marcha cicloturista Nigrán-Baiona

A comunidade educativa do CEIP Humberto Juanes presentou a IV edición da marcha cicloturista Nigrán-Baiona, entre o alumnado do colexio e os alumnos de intercambio de Manchester.

Á presentación acudiron, o alcalde de Nigrán, Juan González; a concelleira de Deportes de Baiona, María Jesús Martíns; o presidente do Club Ciclista Rías Baixas, José Luís Chamorro; o presidente do Centro Juan María, José Santoro; a xefa de estudios do CEIP Humberto Juanes, Marta Cid e alumnado do centro.

A actividade terá lugar o xoves 28 e mobilizará a 140 persoas que farán en bicicleta o traxecto Nigrán-Baiona. Na mesma colaboran tamén as policías locais de ambos municipios, o Club Ciclista Rías Baixas e o Centro Juan María, que estará presente con 30 usuarios que empregarán as bicicletas adaptadas mercadas polo Concello de Nigrán para o uso de persoas con diversidade funcional.

Trátase do quinceavo ano que se realiza o intercambio escolar e o cuarto consecutivo no que se fai a marcha cicloturista, na que participan os alumnos de 5º e 6º.

Os alumnos ingleses coas súas familias chegarán a Nigrán o martes 26 e permanecerán en Nigrán ata o martes 2, neste tempo, ademais da marcha cicloturista, terán actividades como vela no Monte Real Club de Yates de Baiona, excursión ás illas Cíes…

“Son tres centros educativos de Nigrán que teñen intercambios con alumnos de Manchester, o que implica que o noso municipio é un sitio de referencia para esta cidade, así que o intercambio é algo moi positivo dende o punto de vista educativo, pero sen dúbida tamén dende o punto de vista da nosa promoción exterior”, indicou o alcalde, Juan González, durante a presentación.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies