spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA comedia musical "A Gata con Zocos" chega ao Rosal

A comedia musical “A Gata con Zocos” chega ao Rosal

A comedia musical “A Gata con Zocos” recalará no Rosal o vindeiro domingo día 16 de decembro. A cita será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.

Onte tivo lugar no salón de plenos do Concello do Rosal a presentación do espectáculo infantil e familiar “A Gata con Zocos“, que correu a cargo do director da banda de música da Agrupación Musical do Rosal, José Javier Bascoy e da alcaldesa do Concello do Rosal, María del Carmen Alonso.

Esta novidosa proposta escénica que conxuga música, teatro e monicreques sobre o escenario foi posta en marcha pola compañía de teatro “A Cova das Letras”, e dende a súa exitosa estrea, fai agora un ano, leva percorrido moitos puntos da xeografía galega.

Cristina Collazo, actriz e directora da obra e os títeres de Anxo García estarán acompañados pola banda da Agrupación Musical do Rosal, que interpretará a composición musical de Manuel Paino para esta peza, unha adaptación do clásico O gato con botas.

A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse de maneira anticipada na oficina da Agrupación Musical do Rosal (Auditorio do Rosal – Porta Lateral).

Na súa intervención o director da Agrupación Musical rosaleira, José Javier Bascoy, subliñou “a labor que fai o equipo da Agrupación, como xunta directiva, como equipo de músicos, que temos un colectivo super xoven e que traballan arreo para facer estas cousas e por otra parte os apoios máis concretos a Comunidade de Montes, Concello do Rosal, Deputación de Pontevedra e patrocinadores”, e anima aos veciños e veciñas a disfrutar con este espectáculo para toda a familia.

Breve reseña sobre a obra:  Trátase dunha comedia musical na que se revisa o conto tradicional “O gato con botas”, xa que o principio o protagonista da historia non era un gato, se non unha gata, pero co tempo isto cambiou e merece ser transmitido ao público máis novo para poñer o acento na reivindicación de valores da sociedade actual. Recuperando a figura orixinal da gata, o Herdeiro recibe do seu finado pai un circo en bancarrota.

As artistas e músicos do mesmo abandónano e Don Casio reclama as súas débedas. Máis a minina, máxica por calzaren uns zocos, converterá ó herdeiro no Marqués de Carabás…e así, enfeitizados, os músicas e artistas regresan e a débeda será anulada! MIAU. Nace así A gata con zocos, pequeno musical tinguido de humor, música e reivindicación da figura feminina.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.