spot_img
InicioBaixo MiñoUnha medalla de ouro e unha de prata para o Club Remo...

Unha medalla de ouro e unha de prata para o Club Remo do Miño na “Regata Internacional do Natal” celebrada en Porto

Unha medalla de ouro e unha de prata para o Club Remo do Miño na "Regata Internacional do Natal" celebrada en PortoUnha medalla de ouro e unha de prata para o Club Remo do Miño na “Regata Internacional do Natal” celebrada en Porto

O domingo día 9, o club Remo do Miño desprazouse ao Porto (Portugal) con catro tripulacións para disputar a primeira regata da tempada en Banco Móbil nun marco incomparable, onde deportistas e público puideron gozar dun excelente día e unha excelente xornada de Remo. As probas disputáronse nun percorrido de 6.000 metros, desde a desembocadura do Río Douro ata a famosa ponte D. Luís I.

A medalla de ouro veu da man dos máis novos que formaban parte do Catro con Temoneiro Xuvenil Masculino, no que dous dos seus tripulantes aínda eran da categoría Cadete. A tripulación estaba formado por: Bruno Misa, Johannes Preiss, Jhonatan Preiss, Adrian Rivas, e como temoneiro Gonçalo Barbosa.

O Catro Sen Temoneiro Absoluto Masculino formado por : Pablo Rodríguez, Santiago Rodríguez, David Vázquez e Gabriel Alonso, obtiveron un magnífico cuarto posto.

O Catro Scull Absoluto Feminino, formado por María González, María Maidana, Esmeralda Santos e Adriana Días, conseguirían un meritorio quinto posto.Unha medalla de ouro e unha de prata para o Club Remo do Miño na "Regata Internacional do Natal" celebrada en Porto

 

- Publicidade -spot_img