spot_img
InicioO MorrazoBueuA científica Isabel Pastoriza Santos recibe o recoñecemento do Concello de Bueu

A científica Isabel Pastoriza Santos recibe o recoñecemento do Concello de Bueu

A científica Isabel Pastoriza Santos recibe o recoñecemento do Concello de BueuO acto, que se celebrou este sábado na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, acolleu a moitas persoas entre autoridades locais, familiares e amizades

A Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu encheuse no mediodía deste sábado para celebrar o recoñecemento que lle rendeu o Concello de Bueu á científica bueuesa Isabel Pastoriza Santos. Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade e benestar social, foi a encargada de abrir este acto que pecha a programación organizada con motivo do Día Internacional das Mulleres, e destacou que “Isabel leva o nome de Bueu sempre cara adiante, con mestría e intelixencia”. A continuación, a homenaxeada quixo dar as grazas ás persoas que a acompañan a diario neste camiño que xa dura máis de vinte anos, e mostrouse moi emocionada por este recoñecemento do Concello que “quero compartir con todas as mulleres científicas que traballan día a día para sacar adiante os seus proxectos, porque a desigualdade no campo científico é moi grande”.

Pastoriza Santos recibiu o Premio á Excelencia Investigadora 2021 outorgado pola Real Sociedad Española de Química, e por iso no acto desta mañá realizou unha breve explicación arredor do seu traballo, no que leva adiante diferentes proxectos que se centran no deseño e fabricación de nanomateriais funcionais para o desenvolvemento de sensores ultrasensibles para ser empregados, tanto no eido ambiental, coma no da nanomedicina.

O Concello de Bueu entregoulle un cadro elaborado pola Asociación Juan XXIII de Cangas que leva gravada na parte traseira unha mensaxe conmemorativa deste día: “Dicía Marie Curie que o camiño do progreso non é nin rápido nin doado, pero sempre é grazas ao traballo incesante de persoas con moita forza e ilusión. Isabel Pastoriza Santos, científica bueuesa, é unha destas mulleres que nos axudan a progresar e a lograr un mundo máis xusto e igualitario. Dende o Concello de Bueu recoñecemos e agradecemos o seu labor a prol da ciencia e da visibilización das mulleres nela”.

Félix Juncal, alcalde da vila, pechou este acto lembrando que “o coñecemento é o que nos fai avanzar como sociedade, e a iso chegamos grazas a persoas como Isabel Pastoriza Santos, que dedican toda unha vida a rachar estereotipos e situacións

- Publicidade -spot_img