Inicio O Morrazo Bueu A carpa Revitaliza de compostaxe chega esta semana á comarca do Morrazo

A carpa Revitaliza de compostaxe chega esta semana á comarca do Morrazo

A carpa Revitaliza de compostaxe chega esta semana á comarca do MorrazoO punto informativo estará hoxe en Bueu, e seguirá en Moaña e Cangas para dar información, e repartir material divulgativo e plantas

Mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación instalarán esta semana a carpa informativa do plan de compostaxe na comarca do Morrazo. Alí darase información sobre a compostaxe á veciñanza, responderanse as dúbidas sobre os centros comunitarios e composteiros individuais e repartirase material divulgativo. Aquelas persoas que o desexen tamén poderán poñer a proba os seus coñecementos, participar nos xogos de preguntas e respostas, e recibir unha planta (herba luisa, macela, romeu, rosmarinus ou semprevivas) para poder fertilizala con compost e comprobar a súa eficacia como fertilizante natural.

Hoxe en Bueu, nas inmediacións da praza de Abastos; o mércores pasará a Moaña, no mercadiño; e o xoves irá a Cangas, á praza do Reló, sempre en horario de 10 a 13 horas. O punto informativo sobre compostaxe do Plan Revitaliza leva xirando pola provincia unhas tres semanas e ata o de agora leva recollido unha grande receptividade. Son moitas as persoas que se achegaron para recibir información e apuntarse nos listados co fin de recibir un composteiro individual ou participar da compostaxe en centros comunitarios.

O persoal técnico explicará todos os beneficios do modelo de xestión do lixo baseado na compostaxe para cumprir os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a reutilización e reciclaxe. Lembrarán que é precisa a concienciación e colaboración da cidadanía porque a Unión Europea esixirá reciclar o 50 % de todo o lixo en 2020 e compostar ou recoller en orixe separadamente os biorresiduos antes do 31 de decembro de 2023 de maneira obrigada.

A carpa informativa sobre o Revitaliza pretende impulsar a compostaxe en proximidade como un modelo de xestión do lixo ambientalmente sustentable, poñendo de relevo que compostar é dar unha nova vida aos residuos orgánicos para que volvan de novo á terra como fertilizante natural.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies