spot_img
InicioVal MiñorBaionaServicios Sociais do Val Miñor únense para traballar no seu proxecto común

Servicios Sociais do Val Miñor únense para traballar no seu proxecto común

Servicios Sociais do Val Miñor únense para traballar no seu proxecto comúnAs concelleiras de Servizos Sociais dos concellos do Val Miñor reúnense para dar continuidade o plan de traballo que están a desenrolar

Hoxe pola mañá as concelleiras responsables da área de Servicios Sociais dos concellos de Baiona; Nigrán y Gondomar; Concepción Vara, Bibiana Peixoto e Nuria Lameiro; reuníronse no Concello de Gondomar para empezar a traballar no seu proxecto común.

A iniciativa destas reunións nace dende a concelleira de Baiona, Concepción Vara, xa que consideraba que os problemas dos usuarios dos servicios en Baiona poderían  ser semellantes ou ter similitudes dos usuarios dos demais concellos que forman o Val Miñor.

A primeira reunión a tiveron entre Baiona e Nigrán, xa nesta primeira toma de contacto as dúas concelleiras, Concepción Vara e Bibiana Peixoto, constataron as semellanzas das necesidades dos usuarios de ambos servizos nos seus municipios.

Hoxe súmase a esta reunión a concelleira de Gondomar, Nuria Lameiro, xa que é necesario e imprescindible comezar a preparar o proxecto común para o Val Miñor, adquirindo melloras para os servizos que prestan nestas áreas e así verse beneficiados todos os usuarios dos mesmos.

Nos próximos días as tres concelleiras xunto coas técnicas do seu departamento realizarán unha visita a Tomiño e coñecer de primeira man o proxecto que desenvolven o cal está acadando resultados moi positivos e aproveitar a mesma para manter unha reunión coa dirección, consolidase o inicio dunha traxectoria que inicia un percorrido de búsquea de solucións e adquisición de experiencias e coñecementos para desenrolo de proxectos en común.

- Publicidade -spot_img