spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Capitanía Marítima de Baiona acolle a exposición da artista Laine Villero “Negros...

A Capitanía Marítima de Baiona acolle a exposición da artista Laine Villero “Negros Americanos”

A pintora e ilustradora Laine Villero presenta a súa colección “Negros Americanos”

Revista COUSAS DE nº14

Licenciada en Administración de Empresas, Pintora e ilustradora, a venezolana radicada en Nigrán, plasma sobre lenzo ou calquera superficie retratos, paisaxes, figuras, liñas urbanas, movemento… dentro dunha ampla gama de estilos, técnicas e materiais (óleo, impasto, acuarela, acrílico) Recentemente gañadora do Concurso de Pintura Camelias “VERANO EN VIGO” membro do grupo Galeoska, Traballa co grupo de Fusión de Arte Solaina como ilustradora de varios traballos, entre eles, “Dedas”, Un “Paseo Por Nigrán”,  “Un Paseo por Baiona” , etc…

“Negros Americanos” é o reflexo cultural que proxecta un estado íntimo cun temática transversal que nos mergulla na arte dos negros americanos a través de seis obras realizadas con moita forza, nostalxia, e paixón.

Cada representación visual das obras reflicten momentos ambientados nos anos 70 e 80 de Nova York.

Poderase  gozar desta exposición na capitanía marítima de Baiona este venres 16 de setembro a partir das 18:30 e ata o 30 de setembro en horario de
18h  a 21h miércoles, jueves, viernes. Sábados e domingos de 12h a 14h.

- Publicidade -spot_img