spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAbertas as inscricións para o IX Trail do Trega

Abertas as inscricións para o IX Trail do Trega

Abertas as inscricións para o IX Trail do TregaA proba deportiva, que forma parte da Pontevedra Trail League, terá lugar na Guarda o domingo 20 de novembro

Revista COUSAS DE nº14

Dende este mércores día 14 de setembro están xa abertas as inscricións para a IX edición do Trail do Trega, a proba deportiva que forma parte da Pontevedra Trail League e que este ano celebrarase o domingo 20 de novembro, contando co apoio do Concello da Guarda e das Comunidades de Montes.

Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes do Concello da Guarda, destaca a importancia deste tipo de eventos para a dinamización deportiva da Guarda e da súa comarca, un evento ao que asisten numerosos participantes de toda a xeografía galega e de Portugal, promovendo tamén o turismo e a gastronomía local.

O Trail do Trega é unha proba deportiva xa consolidada e que este ano trae un percorrido de 16 quilómetros cun desnivel positivo de 800 metros, contando coas mellores vistas e entorno natural de Galicia como é o Monte de Santa Trega.

A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. Establécense 4 categorías de competición: Absoluto (masculino e feminino), Sénior (masculino e feminino), Veteranos 40 (masculino e feminino)  e Veteranos 50 (masculino e feminino).

A organización habilitará dous avituallamentos no percorrido e paralelamente celebrarase unha andaina de 10 quilómetros con guía incluído.

As inscricións xa están abertas a través do seguinte link: https://bit.ly/3S0b7aD e toda a información da carreira se pode consultar na web oficial da proba: www.traildotrega.com

Os prezos de inscrición serán de:

  • 14 euros do 14 o 18 de setembro de 2022
  • 16 euros do 19 de setembro o 13 de novembro de 2022
  • 18 euros do 14 o 16 de novembro de 2022

 

- Publicidade -spot_img