Inicio Pontevedra O Salnés A brigada forestal de BATA inicia a súa labor en Ribadumia acondicionando...

A brigada forestal de BATA inicia a súa labor en Ribadumia acondicionando a área recreativa de Cabanelas

brigada-forestal-BATA-inicia-labor-Ribadumia-acondicionando-área-recreativa-CabanelasA alcaldesa Salomé Peña asinou o novo convenio coa asociación que da continuidade á labor iniciada fai tres anos

 A brigada de servizos forestais da Asociación BATA no  Concello de Ribadumia iniciou os traballos de limpeza, mantemento e conservación dos espazos naturais este luns na zona da área recreativa de Cabanelas, xunto á piscina e o ximnasio municipal. Estes traballos de limpeza selectiva, de acondicionamento e tratamento de maleza mediante desbroce mecánico levaranse a cabo dende marzo ata xuño.

Estas labores comezan tras a firma dun novo convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación BATA. O obxectivo final desta colaboración é o desenvolvemento de experiencias de emprego con apoio a través da contratación  de persoas con discapacidade intelectual para realizar estes servizos de limpeza e mantemento dos espazos naturais do Concello de Ribadumia. É dicir, nas rutas, nas sendas, nos parques e xardíns, nos lavadoiros…Salomé Peña opina que “este traballo conxunto entre o Concello de Ribadumia e a Asociación Bata para conseguir a integración sociolaboral das persoas con autismo e discapacidade psíquica debe ser unha constancia”.

Dende BATA, o seu presidente Fausto García Rey agradeceu á alcaldesa Salomé Peña que siga apostando por este proxecto de inserción, que ten dous obxectivos, por unha banda xerar oportunidades para acceder a un posto de traballo, para formarse como peón forestal e traballar en igualdade de condicións; pero tamén é unha oportunidade para que as persoas poidan desenvolver habilidades sociais.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies