Inicio Pontevedra O Monte Real Club de Yates de Baiona organiza un campamento náutico...

O Monte Real Club de Yates de Baiona organiza un campamento náutico para que os máis pequenos poidan gozar das súas vacacións de Semana Santa no mar

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-organiza-campamento-náutico-máis-pequenos-poidan-gozar-vacacións-Semana Santa

  • Nenos e nenas de entre 7 e 15 anos poderán aprender vea, kaiak e paddle surf na baía de Baiona durante a Semana Santa
  • A actividade celebrarase en Baiona entre o 30 de marzo e o 3 de abril, coincidindo co período vacacional de colexios e institutos
  • O Campamento Náutico de Semana Santa está organizada polo Monte Real Club de Yates en colaboración con Wetsports Ladeira

O Monte Real Club de Yates e Wetsports Ladeira organizan, esta semana Santa, un campamento para que os máis pequenos poidan gozar duns días no mar aprendendo vea, kaiak e paddle surf.

O Campamento Naútico de Semana Santa, celebrarase en Baiona entre o 30 de marzo e o 3 de abril, coincidindo co período vacacional de colexios e institutos. Poderán participar nel nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 15 anos, a condición de que saiban nadar.

Hai un límite de prazas de 25 persoas. O prezo da actividade (de 9:30 da mañá a 19:00 da tarde) é de 200 euros. Inclúe comidas, seguro e aluguer do material necesario (neopreno e chaleco).

INFORMACIÓN XERAL

  • Data: Do 30 de Marzo ao 3 de Abril
  •  Lugar: Baiona
  • Horario: De 9:30 a 19:00
  • Idades: De 7 a 15 anos *
  • Límite de prazas: 25
  • Prezo: 200 Euros **

(*) É imprescindible que os nenos saiban nadar
(**) O prezo do programa inclúe as comidas dos 5 días de actividades, un seguro e o aluguer do material necesario (neopreno e chaleco)

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

  • 9:30 > Recepción no Monte Real Club de Yates
  • 10:00 > Inicio da actividade de vela
  • 13:30 > Desembarco en Praia Ladeira
  • 14:00 > Comida
  • 15:00 > Actividades de kaiak e paddle surf
  • 19:00 > Fin de actividade en Wetsports Ladeira

INFORMACIÓN, RESERVAS E INSCRICIÓNS

MONTE REAL CLUB DE YATES DE BAIONA
Por email: secretaria@mrcyb.com
Por teléfono: 986 385 000 / 625 261 586

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies