spot_img
InicioGaliciaConde destaca a unidade mixta Esteve-USC como exemplo da colaboración público-privada para...

Conde destaca a unidade mixta Esteve-USC como exemplo da colaboración público-privada para situar Galicia á vangarda da innovación sanitaria

Xunta investimento emprego calidadeO conselleiro de Economía e Industria salienta que o proxecto impulsado pola Xunta mobilizará un investimento de 3 millóns de euros durante 3 anos, creando 30 empregos de alta cualificación

 

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a unidade mixta que forman os Laboratorios Esteve a o Grupo BioFarma da USC como exemplo da colaboración público-privada que, co respaldo da Xunta, busca situar a Galicia á vangarda da innovación sanitaria. Conde visitou a sede da unidade, situada no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) do Campus Vida, e salientou que a iniciativa mobilizará un investimento de 3 millóns de euros durante 3 anos, creando 30 empregos de alta cualificación para buscar o desenvolvemento de novos fármacos para o tratamento da dor crónica.

O proxecto se enmarca dentro do programa de Unidades Mixtas que a Consellería puxo en marcha a través da Axencia Galega de Innovación, e que ten como obxectivo captar o investimento de grandes empresas para a creación de centros de innovación na comunidade. A primeira convocatoria, da que forma parte o proxecto de Esteve e a USC, puxo en marcha oito proxectos que están a mobilizar 20 millóns de euros, e que contan coa participación de empresas como PSA , Gas Natural, ou Repsol, empresas que, destacou Conde, “están apostando por desenvolver os seus centros de innovación en Galicia”.

O conselleiro resaltou a unidade mixta de Esteve e como “un proxecto que consolida unha das relacións máis frutíferas da innovación galega: a que une aos doutores Antoni Esteve e Mabel Loza, que é o mesmo que dicir á que une a Laboratorios Esteve coa USC”. Co impulso a esa colaboración, subliñou Conde, Galicia consigue un cuádruple obxectivo: reforza a súa alianza cunha multinacional de máis de 2.500 empregados, dos que preto de 300 son investigadores; potencia a actividade dun dos seus mellores talentos, Mabel Loza, que exerce de tractor para a innovación a nivel local; impulsa a creación de medicamentos máis seguros e eficaces, “facendo un servizo á sociedade”; e acada un impacto económico elevado, grazas á creación de emprego de alta cualificación, á propiedade intelectual que xeren estas investigacións e á transferenza de coñecemento ao mercado.

Conde subliñou que a Xunta continuará a traballar na colaboración público-privada para impulsar a innovación sanitaria, e neste senso avanzou que debido ao éxito da convocatoria de Unidades Mixtas na que participan Esteve e a USC; e o interese amosado por máis de quince grandes empresas por instalar centros de innovación en Galicia, a Xunta puxo en marcha unha nova convocatoria de Unidades Mixtas aberta ata o próximo día 23 e dotada con 9 millóns de euros.

Ademais, ao impacto das Unidades Mixtas no eido da saúde, se lle suman outras iniciativas da Consellería no eido sanitario. En concreto, o Goberno galego está a mobilizar outros 50 millóns de euros en este sector grazas aos programas Innterconecta e Conecta Pemes. E, de cara ao futuro, a saúde supón o reto 3 da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, que mobilizará 1.600 millóns de euros en proxectos innovadores ata 2020, impulsando así de forma clave a innovación sanitaria.

 

- Publicidade -spot_img