A alcaldesa Salomé Peña asinou o novo convenio coa asociación que da continuidade á labor iniciada fai tres anos
A brigada de servizos forestais da Asociación BATA no Concello de Ribadumia iniciou os traballos de limpeza, mantemento e conservación dos espazos naturais este luns na zona da área recreativa de Cabanelas, xunto á piscina e o ximnasio municipal. Estes traballos de limpeza selectiva, de acondicionamento e tratamento de maleza mediante desbroce mecánico levaranse a cabo dende marzo ata xuño.
Estas labores comezan tras a firma dun novo convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación BATA. O obxectivo final desta colaboración é o desenvolvemento de experiencias de emprego con apoio a través da contratación de persoas con discapacidade intelectual para realizar estes servizos de limpeza e mantemento dos espazos naturais do Concello de Ribadumia. É dicir, nas rutas, nas sendas, nos parques e xardíns, nos lavadoiros…Salomé Peña opina que “este traballo conxunto entre o Concello de Ribadumia e a Asociación Bata para conseguir a integración sociolaboral das persoas con autismo e discapacidade psíquica debe ser unha constancia”.
Dende BATA, o seu presidente Fausto García Rey agradeceu á alcaldesa Salomé Peña que siga apostando por este proxecto de inserción, que ten dous obxectivos, por unha banda xerar oportunidades para acceder a un posto de traballo, para formarse como peón forestal e traballar en igualdade de condicións; pero tamén é unha oportunidade para que as persoas poidan desenvolver habilidades sociais.



