spot_img
InicioBaixo MiñoA bailarina Esther Latorre danza en Tui para render homenaxe a rodas...

A bailarina Esther Latorre danza en Tui para render homenaxe a rodas as mulleres que loitan, protexen e coidan á sociedade

A bailarina Esther Latorre danza en Tui para render homenaxe a rodas as mulleres que loitan, protexen e coidan á sociedadeDa man do programa provincial “Violencia Zero” a artista interpretou un solo de danza contemporánea titulado “Xenérica”, ao que acompañou de poesía e margaridas que tinguiron de amarelo a Praza do Concello tudense

Revista COUSAS DE nº14

A Deputación de Pontevedra continúa a espallar o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” por toda a provincia nesta ocasión cunha actuación protagonizada pola bailarina Esther Latorre. A súa danza contemporánea chegou á Praza do Concello de Tui cunha peza titulada “Xenérica”, un canto a tódalas mulleres que loitaron insaciablemente por protexer e coidar e pasaron desapercibidas. Desta acción, cuxa dirección artística e coreografía correu a cargo do Colectivo Glovo -formado por Esther Latorre e Hugo Pereira- desfrutaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a deputada de Igualdade e Cultura, Victoria Alonso, e concelleiros/as da corporación.

A bailarina Esther Latorre danza en Tui para render homenaxe a rodas as mulleres que loitan, protexen e coidan á sociedade

Esther Latorre interpretou un solo de danza durante preto de media hora co que rendeu unha homenaxe a todas as avoas, nais, irmáns, sobriñas e figuras femininas que dalgún xeito marcan as vidas de todas e todos. Nel mesturou movementos enérxicos e amplos, cos que abarcou todo o escenario, con outros máis cotiás, que realizou mentres recitaba versos do poema “A muller do mandil” de Mónica Jensen. “Ela é a muller que acaricia as primeiras vainas / e todo o pan o raparte e o multiplica na mesa”, declamou Latorre.

A bailarina entrou no escenario portando unhas macetas nos seus brazos, que colocou nas esquinas do espazo escénico, e margaridas nos petos do pantalón. Repartiu estas flores entre o público rompendo con este xesto a barreira existente entre as e os espectadores e o escenario. O público sostivo nas súas mans durante toda a actuación as margaridas creando así unha especie de campo que tinguiu de amarelo a praza tudense.

O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” ten este ano o lema “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”. De novo estanse a realizar 25 accións en 25 concellos. O programa xa pasou por Pontevedra, Vigo, Moraña, Silleda, Meaño, Forcarei, Agolada, A Lama, Oia, Moaña, Caldas de Reis, As Neves, Redondela, Salceda, Fornelos e o centro Príncipe Felipe e despois desta parada en Tui chegará aos concellos de Meis, Baiona, A Cañiza, Covelo, Barro, Rodeiro, Cambados e Vilaboa.

- Publicidade -spot_img