spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona clausura a Escola de Verán con gran éxito de participación

Baiona clausura a Escola de Verán con gran éxito de participación

A Escola de Verán 2022 de Baiona chega o seu fin con gran éxito de participación. Un total de 97 nenas e nenos participaron nesta iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumple unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.

Revista COUSAS DE nº14

Os nenos e nenas participantes puideron gozar coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluíron desde xogos ata talleres e manualidades. A programación da escola deseñou un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado para que os máis pequenos e pequenas disfruten do verán e coñezan diferentes lugares da localidade na que residen. Programouse unha saída semanal, na que puideron coñecer de primeira man o renovado museo flotante da Carabela Pinta, a Casa da Navegación…. Neste calendario de saídas colaboraron diferentes entidades locais, como o Viveiro de Sabarís que ofreceu un interesante percorrido polas súas instalacións.

O programa desenvolveuse ao longo do mes de xullo, de luns a venres de 8:00 a 15:00h. no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. Houbo flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15h. ) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00h) para facilitar a conciliación das familias.

- Publicidade -spot_img