
O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este sábado pola tarde a reunión do novo equipo de dirección da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) no Val Miñor.
O acto arrincará ás 18:00 horas e está prevista a presenza dos alcaldes da comarca.
Todas as persoas interesadas en coñecer e colaborar co funcionamento desta asociación están convidadas a participar nunha xunta na que o novo presidente deste colectivo José Luis Chamorro dará a coñecer a nova estrutura directiva.
Un dos obxectivos nesta nova etapa é o fomento de equipos de apoio en cada concello da comarca, cos que se pretende prestar un servizo máis próximo. Nesta reunión tamén se proxectará un vídeo achega do papel desenvolvido pola asociación.



