spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona recibe en FITUR o máximo recoñecemento pola a súa aposta dun...

Baiona recibe en FITUR o máximo recoñecemento pola a súa aposta dun turismo sustentable e ambiental

baiona-recibe-en-fitur-o-maximo-reconecemento-pola-a-sua-aposta-dun-turismo-sustentable-e-ambiental
Ángel Rodal e Beatriz González reciben o Quality Coast en FITUR

O Concello de Baiona recibiu este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se está a celebrar en Madrid o premio Quality Coast Gold Award, segunda cualificación máis alta do proxecto, o que certifica a aposta pola sustentabilidade turística e medioambiental.

Baiona logrou unha puntuación de 8 sobre 10 en catro das cinco categorías, polo que conseguiu chegar á categoría de ouro e superar todas as puntuacións coas que xa se presentara por primeira vez no ano 2013 acadando tamén o premio.

Ademais, ao longo do ano pasado, Quality Coast tamén elixiu unha práctica realizada en Baiona para expoñela en varios foros de turismo sustentable: a Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates.

“O premio ven a certificar a nosa aposta polo turismo de calidade sen esquecernos do medio ambiente e da sustentabilidade, é o recoñecemento ao traballo ben feito durante os últimos anos dende o Concello de Baiona”, afirmou Ángel Rodal.

O programa Quality Coast está desenrolado pola Coastal and Marine Union, con sede en Holanda, co obxectivo de fomentar a sustentabilidade nos destinos costeiros, establecendo unha rede mundial de comunidades costeiras cos mesmos valores e prácticas medioambientais.

O criterios para elixir estes destinos teñen en conta o ecosistema mariño, a conservación, actividades económicas, oferta turística, seguridade, patrimonio natural e cultural do destino, así como a beleza natural e a calidade medioambiental.

Este premio únese ao conseguido o pasado mes de setembro cando a plataforma medioambiental “Green Destinations” incluíu a Baiona entre os 100 destinos máis sostibles do mundo.

Os aspectos valorados para a concesión dos premios foron a creación do espazo mariño protexido das Rías Baixas, a recuperación de praias e dunas da Ladeira, o modelo de xestión da auga potable, as  bandeiras azuis das praias e do Club de Yates, a protección do Casco Histórico de Baiona, a implantación do Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos (Sicted) desde 2004, a mellora do transporte público, a participación de Baiona no plan de compostaxe da Deputación de Pontevedra, a seguridade xeral do destino e a posta en marcha da patrulla medioambiental, así como a hospitalidade da poboación e coidado da cultura local.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.