spot_img
InicioBaixo MiñoA Asociación Érguete Baixo Miño informa que rematou o curso de Operacións...

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que rematou o curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos

a-asociacion-erguete-baixo-mino-informa-que-rematou-o-curso-de-operacions-auxiliares-de-servizos-administrativosA Asociación Érguete Baixo Miño informa que hoxe mércores, 28 de marzo, dáse por rematado o curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos, o cal se veu impartindo ao longo dos meses de febreiro e marzo, durante 180 horas.

A clausura do curso coincide coa última das actuacións que a Asociación leva a cabo a través da subvención a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social da convocatoria 2017-2018 e que Érguete Baixo Miño ven realizando desde hai anos, dándolle moito valor e importancia as accións destinadas cara á busca e emprego.

Trátase dun proxecto que está financiado pola Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.

Algunhas das actividades, dentro da devandita subvención, que se levaron a cabo durante o ano 2017 foron o Curso de Economía Familiar  nos Concellos de A Guarda, Tomiño e O Rosal . Todos eles cunha duración de 80 horas e con moi boa acollida por parte das/os 10 usuarias/os por Concello, onde se traballaron conceptos básicos sobre economía familiar e se transmitiron ideas sobre o aforro así como determinadas  habilidades e estratexias nos  ámbitos, da alimentación, do aforro enerxético ou na limpeza do fogar.

Outros dos cursos que se levaron a cabo nas instalacións da Asociación foi o Curso de Preparación para a ESO cun total de 300 horas e que tiña por obxectivo que os alumnos e alumnas se presenten á proba convocada para o mes de maio para acadar o Título da ESO e así ter máis e mellores opcións á hora de postularse a un posto de traballo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.