O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, entregou os carnés de aplicador de produtos fitosanitarios a 64 veciños de Baiona que participaron nos dous cursos de nivel básico que organizou o Concello a través da Concellería de Medio Ambiente, un no mes de abril e outro en xuño, de 25 horas de duración cada un.
A acción formativa, homologada pola Xunta de Galicia, responde a que desde o pasado mes de novembro é obrigatorio dispoñer dun carné de manipulador de produtos fitosanitarios para poder usar insecticidas, sulfatos e herbicidas.




