spot_img
InicioVal MiñorNigrán500 alumnos de Nigrán benefícianse este ano dos cursos de educación viaria...

500 alumnos de Nigrán benefícianse este ano dos cursos de educación viaria impartidos pola policía local

500-alumnos-de-nigran-beneficianse-este-ano-dos-cursos-de-educacion-viaria
Ao longo do mes os axentes ofreceron unha trintena de clases teóricas e prácticas en nove centros educativos do municipio, ademais de orientar ás embarazadas sobre sistemas de retención infantís

Usuarios do Centro de Educación Especial Juan María recibiron clases prácticas de educación viaria a cargo da Policía Local de Nigrán, que empregou para a ocasión triciclos adaptados da asociación Discamino e cars eléctricos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

En total, medio milleiro de alumnos de nove centros educativos do municipio benefícianse ao longo deste mes de maio dunha trintena de clases teóricas e prácticas completamente coordinadas, deseñadas e impartidas desde a Policía Local coa colaboración de DXT, que cede os recursos para un circuíto. Mantense así un traballo que este corpo iniciou no curso 2013/2014 impulsado polo propio inspector xefe José Manuel Vázquez á súa chegada a Nigrán (anteriormente facíao a DXT co apoio dos axentes locais).

Este tipo de xornadas educativas están enfocadas a ciclistas e peóns, as dúas versións en que os nenos están directamente implicados. Primeiro reciben unha clase teórica e despois, no propio centro ou no pavillón Municipal, unha práctica nun circuíto que inclúe cars eléctricos ou triciclos (ademais, cada menor leva a súa bicicleta).

O Grupo de Intervención Supramunicipal (GES) colabora tamén mostrando aos nenos os diferentes vehículos de emerxencia (como o coche de bombeiros). “Ensinámoslles a interpretar os sinais dos axentes, as luminosas, verticais e horizontais. Tamén lles indicamos como colocarse na bici, como facerse visibles, a obrigatoriedade do casco para menores de 16 anos…”, indica Teodoro da Pena, axente local encargado de Educación Viaria.

Grazas aos axentes locais, ao longo da escolarización os alumnos recibirán formación en 4º e 5º de Primaria e 1º da ESO, unha circunstancia que reforzará o seu coñecemento e axudaralles á hora de manexar outro vehículo. “Esta formación contribuirá a que no futuro sexan bos condutores, o que repercutirá á súa vez nunha menor sinistralidade e maior seguridade nas estradas”, asegura José Manuel Vázquez.

A Policía Local de Nigrán realiza tamén desde 2013 unha charla sobre sistemas de retención infantís nas clases de preparación ao parto que se desenvolven no Centro de Saúde Val Miñor (A Junquera) para embarazadas de toda a comarca, de feito, é desde Nigrán desde onde se coordinan. Cada ano asisten unha media de 120 proxenitores. A finalidade é concienciar aos pais da importancia de viaxar sempre co bebé nun sistema de retención acorde á súa idade, peso e estatura, unha circunstancia que, en caso de accidente reduce nun 75% o risco de morte e nun 90% o de lesións.

“O noso traballo é axudar ás persoas para resolver os seus problemas, non o contrario, e este tipo de actividades educativas contribúen a que a poboación entenda mellor este papel e séntanos desde a infancia como persoas próximas dedicadas, ante todo, ao benestar da comunidade e do individuo” , finaliza Vázquez.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.