Con motivo da celebración do Corpus Christi, o sábado 28 de maio a veciñanza de Gondomar preparase para comezar coa elaboración das alfombras florais e tinguir con flores as rúas do municipio.
O tráfico cerrarase a partir dás 15,00h para que comece a elaboración destas fugaces obras de arte e os veciños, que levan cos preparativos dos deseños e coa colleita das flores dende hai máis dun mes, comezarán a pintar as rúas ás 16:00 h.
Esa mesma noite as rúas tamén acollerán unha festa de música e sons da man das charangas Va k Pinta (de 00:00 a 02:00) e Vai de baile (de 02:00 a 04:00).
Grazas o esmerado traballo das diferentes agrupacións de Gondomar: O Galiñeiro (Centro Cultural Vincios), A Merced (C.C. Chaín), San Vincente (C.C Mañufe), agrupacións veciñais de Gondomar, o Grupo de Gaitas de Couso e a Comisión de Festas de Chaín, que colaboran coa concellería de Cultura na confección e deseño das alfombras florais e na ambientación municipal do evento, un ano máis, conseguiran que o Domingo de Corpus Gondomar esperte coas rúas cheas de cor e cheirando a primavera.
O domingo 29, Día de Corpus, despois da celebración das comunións comezará a procesión polas alfombras acompañada da Agrupación Musical de Vincios.




