spot_img
InicioVal MiñorNigrán300 personas participarán o domingo na 'Depoandaina' que percorrerá o sendeiro azul...

300 personas participarán o domingo na ‘Depoandaina’ que percorrerá o sendeiro azul de Panxón-Praia América

Galicia acada este ano oito bandeiras azuis máis que en 2014 e continúa á cabeza de España, con 131 distincións para as súas praias

Tódalas prazas ofertadas se esgotaron xa a mediados de agosto. Os participantes visitarán as illas Cíes pola mañá.

Un total de 300 persoas participan este domingo na segunda “Depoandaina” organizada dende a Deputación de Pontevedra e que nesta ocasión ten como protagonista o sendeiro azul de Nigrán. Nesta actividade gratuita, na que colabora o Concello de Nigrán, os participantes visitarán pola mañá as illas Cíes e xa pola tarde percorrerán a ruta que une a praia de Panxón e A Ramallosa. O gran interese amosado por coñecer o sendeiro azul é máis que evidente, xa que o 100% das 300 prazas ofertadas se esgotaron  a mediados de agosto.

“Esta depoandaina é unha oportunidade de ouro para dar a coñecer a nosa riqueza medioambiental entre centos de visitantes. Estamos encantados de recibilos e de acoller este tipo de iniciativas”, comenta o alcalde, Juan González.

Os sendeiros azuis son rutas que unen praias ou portos con bandeira azul con elementos naturais da súa contorna, contribuíndo así á posta en valor do patrimonio mediambiental, histórico, cultural e etnográficos da provincia. O de Nigrán, que acadou este título en 2013, localízase nunha ensenada orientada cara o oeste entre Monteferro e Monte Lourido. No seu eixe central desemboca o río Muíños, dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.