spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño acorda por unanimidade solicitar á incorporación á Área Metropolitana de Vigo

Tomiño acorda por unanimidade solicitar á incorporación á Área Metropolitana de Vigo

tomino-acollera-este-xoves-o-acto-de-remate-do-proceso-participativo-do-grupo-de-desenvolvemento-local-14

A pretensión de participar no ente supramunicipal, baséase nas “fortes vinculacións económicas, sociais, culturais e mesmo sociolóxicas” existentes coa vila tomiñesa

 A Corporación Municipal do Concello de Tomiño tomou onte en pleno e por unanimidade, a decisión de solicitar á incorporación da vila á Área Metropolitana de Vigo.

A citada decisión veu motivada pola moción presentada pola Alcaldía, na que se explicaba que “dadas as fortes vinculacións económicas, sociais, culturais e mesmo sociolóxicas, aconsellan a planificación conxunta e coordinación de determinados servizos e obras, para garantir a súa prestación integral e adecuada no ámbito de todo o territorio, así como para acadar a eficacia nos investimentos públicos, tal como dita a nova Lei de 12 de abril da Área Metropolitana de Vigo.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, sinalou que Tomiño ten vontade de que exista un transporte público que facilite o desprazamento diario de veciños e veciñas de xeito seguro, económico e ambientalmente sostible”.

Para a rexedora non hai que esquecer a liña ferroviaria Porto-Valença, que pasando por Vila Nova de Cerveira (situada a 5 km. de Tomiño), será algún día un eixo vertebrador do territorio da comarca. “Tomiño ten vocación de lembrar na área metropolitana que este medio de transporte é fundamental para reforzar as relacións entre dous polos atlánticos coma Vigo e Porto”, salientou a alcaldesa. Asemade, para ela, unha mellor conexión entre ambas marxes “suporá unha vantaxe competitiva para Tomiño, repercutindo no emprego, na economía e na conectividade do noso territorio”.

Deste xeito, os concelleiros e concelleiras das diferentes formacións políticas do Concello, aprobaron por unanimidade o acordo de “manifestar a vontade da Corporación Municipal de incorporación do Concello de Tomiño á Área Metropolitana de Vigo, de modo que se inicien os trámites para a adopción do acordo polo Consello da Xunta de Galicia para o novo ingreso” e “trasladar o presente acordo á Área Metropolitana de Vigo, unha vez constituída, para que ao abeiro das atribucións que lle confire o artigo 8 da Lei 14/2016, aprobe e informe a incorporación deste concello ao ente supramunicipal”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.