spot_img
InicioBaixo Miño200 persoas participarán este domingo en Tui na Marcha Ciclista contra a...

200 persoas participarán este domingo en Tui na Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero

400 ciclistas participarán na 6º edición da Marcha Cicloturista Clásica Älvaro PinoSairá as 12 h do Paseo da Corredoira. Previo ao inicio darase lectura ao manifesto e ao remate a tudense Noelia Solleiro interpretará un tema contra a violencia de xénero

200 persoas inscribíronse para participar este domingo  na Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021 organizada polo Concello de Tui dentro dos actos conmemorativos do 25N.

Dende ás 11 h na praza da Inmaculada as persoas inscritas poden recolle a súa camiseta conmemorativa. A saída está prevista ás 12h dende o Paseo da Corredoira tras a lectura dun manifestou.  A marcha consta dun percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada,  que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira. Durante a marcha é obrigatorio o uso de casco, e da máscara até o momento da saída, na zona de avituallamento e tras chegar á meta.  De regreso ao paseo da Corredoira a tudense Noelia Solleiro interpretará un tema, creado durante a pandemia xunto a Ángel Paz, contra a violencia de xénero.

Colaboran nesta actividade o Club Ciclista Locos por las Bicis, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermella Portuguesa

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.