spot_img
InicioAlto Minho364 atletas iluminan a noite na V edición da Urban Trail Night...

364 atletas iluminan a noite na V edición da Urban Trail Night Eurocidade

 364 atletas iluminan a noite na V edición da Urban Trail Night Eurocidade A V Urban Trail Night Eurocidade sumouse aos actos con motivo do 25 N, día contra a Violencia de Xénero, obsequiando aos participantes cunha camiseta de cor morada co logotipo do 25 de Novembro

Inquietude, nerviosismo e tamén frío era o que sentían os participantes en Avda. Miguel Dantas de Valença, minutos antes de darse a saída á V Urban Trail Night Eurocidade, que regresaba tras o parón de 2020 polo Covid-19.

Nos prolegómenos, o televisivo Terio Carrera animaba os corredores antes de chamalos para os actos anteriores a saída. Recordo do 25 N. con invitación a todas as atletas para colocarse nas primeiras posicións do pelotón, e posterior minuto de silencio en memoria das falecidas pola violencia machista.

Tamén mención especial para Kike Durán, que correu co dorsal 1. O pontevedrés está a participar en diversos eventos para darlle visibilidade á “Artrogriposis”, unha enfermidade rara que padece a súa filla Lúa, de tan só 5 anos

Xa, xunto ás autoridades de Valença e Tui, banderazo de saída á V urban Trail Night Eurocidade. Un rosario de “frontais luminosos” dirixíanse á fortaleza de Valença para percorrer as súas históricas rúas e bordear tanto por arriba como por abaixo as impresionantes murallas.

 364 atletas iluminan a noite na V edición da Urban Trail Night Eurocidade Música e luces no edifico do Concello recibían a cabeza de carreira, Maikel Rodríguez, que xa mostrabra quen era o máis forte. Por detrás un trío que sabían que “só” ían poder loitar polo segundo posto, diante da superioridade do salcedense.

En mulleres a ourensá Helena Pérez situábase á fronte de próbaa pero sen abrir demasiado oco con Tania González e Paula Rosales

A zona monumental de Tui, presentaba numerosas dificultas con interminables escaleiras ou duros repechos rompepiernas. Se serpenteaban as empedradas rúas da zona vella tudense e polas beiras do Miño dirixirse á “Veiga do Louro”. Era o tramo máis liso e rápido da carreira. Nos últimos dous quilómetros, xa dá de volta ao centro da coidade fronteiriza para finalizar o en Paseo da Corredera, Maikel Rodríguez ( Vigorienta) chegaba “cúal emperador” para marcar un espectacular 54:07 e alzarse por 2ª edición consecutiva coa vitoria na Urban Trail Night Eurocidade.

Por detrás moita emoción, picada dun dos compoñentes do trío perseguidor, e sprint final do luso Joel Pereira (Minho e Lima Trail) con avantaxaba nun segundo ao cambadés Maxi Oubiña ( C. At. Cambados) 56:36 e 56:37 respèctivamente.  César Santos e Bruno Bargiela,4º e 5º, terán que esperar para subir ao podium.

 364 atletas iluminan a noite na V edición da Urban Trail Night Eurocidade

Mentres as mozas ían realizando xa a última parte. Flanqueada por dous compañeiros, Helena Pérez (Burgas Ourense Atletismo) era a gañadora, 1:10:57. Moi contenta a orensan con debut e triunfo na Urban Trail Night. Tania González (Independente), ocupaba a 2ª praza a menos dun minuto, 1:11:52. Bronce para Paula Rosales (Club Deportivo Pinarium), 1: 12:52. Ningunha das dúas viron perigar os seus postos xa que Natalia Leal e Catalina Amorim chegaban a bastante distancia.

364 atletas iluminan a noite na V edición da Urban Trail Night Eurocidade

Así, en pequenos grupiños ou de forma individual, os 364 participantes da carreira ían finalizando os pouco máis de 14 km desta edición de 2021 da Urban Trail Night Eurocidade

Lembrar que había clasificacións especiais para os primeiros empadroados locais, Valença ou Tui. En Mulleres, a tudense Mª Jesús Fernández era un ano máis a gañadora. En Homes, o tamén tudense, David Patiño sería o primeiro.

Así volvera a acenderse a luz da Urban Trail Night cuxos participantes comentaba a súa dureza, ou non, o novo trazado, mentres saboreaban o prato de callos final, para repoñer forzas.Tras a entrega de premios, coa presenza das autoridades tanto de Valença como de Tui, poñíase o punto e final á última proba da Eurocidade 2021.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.