spot_img
InicioPontevedra e Área20 pemes galegas inician con ViaExterior o seu camiño cara aos mercados...

20 pemes galegas inician con ViaExterior o seu camiño cara aos mercados internacionais

20 pemes galegas inician con ViaExterior o seu camiño cara aos mercados internacionais
David Regades e os responsables do programa ViaExterior na xornada de apertura

20 pemes galegas inician con ViaExterior o seu camiño cara aos mercados internacionais. Negocios dixitais e empresas con potencial de comercialización online dos sectores TIC, turismo e saúde e benestar caracterizan as empresas desta nova convocatoria da aceleradora de internacionalización de Zona Franca.

O Consorcio da Zona Franca de Vigo acolleu este venres a xornada de lanzamento da segunda edición da súa aceleradora para a internacionalización de pemes, ViaExterior. “Unha edición na que se mellorou o modelo e farase sobre un enfoque moito máis practico no que cada empresa recibirá tutorización personalizada enfocada ao seu sector e modelo de negocio” explicou David Regades ao dar a benvida ás 20 pemes seleccionadas e ao equipo docente e de titores. Tal e como explicou o Delegado, o programa de ViaExterior que empeza hoxe consistirá nunha primeira fase de seis meses de formación e tutorización ata chegar a un foro de investimento que se celebrará no mes de marzo onde as empresas poderán captar recursos financeiros para dar o salto a novos mercados. “Queremos que teñades éxito nos vosos plans de expansión para que dentro dun ano esteades a levar as vosas empresas e produtos polo mundo e deixando, alí onde cheguedes, o aceno da cidade de Vigo”.

As vinte empresas que participarán este ano pertencen sobre todo aos sectores TIC, turismo, saúde e benestar, que destacan por rexistrar altas taxas de crecemento de 2017 a 2018 e contan cun forte potencial de comercialización online ou están enfocadas no negocio dixital. Aínda que son empresas que xa teñen presencial internacional -moitas exportaron nalgunha ocasión ou que contan con algún cliente internacional- conseguir o “máis rápido, máis lonxe e mellor” foi a súa motivación para participar porque segundo manifestaron “buscamos asesoramento para abordar con maiores garantías a definición de estratexias de internacionalización” .

En ViaExterior, entre os meses de setembro e marzo, as pemes participantes elaborarán o seu plan de internacionalización, para o que contarán con 20 horas de formación especializada e co acompañamento dun titor que lles guiará no desenvolvemento da súa estratexia internacional.

O consultor do Banco Mundial, Mario Weitz, falou na primeira sesión sobre conxuntura económica mundial

No primeiro taller celebrado esta mesma tarde centrouse sobre a “Conxuntura Económica Mundial” e como debe incorporarse a un plan de internacionalización a análise da situación económica dos mercados destino. A sesión estivo impartida por Mario Weitz, prestixioso macroeconomista e consultor do Banco Mundial e da Comisión Europea e profesor de ESIC.

Anexo: listaxe de empresas seleccionadas na 2ª edición

1Beimar Suppliers SL
2BETA Implants
3Blim Manufacturing, S.L.
4Bluscus – Turismo Marinero
5Bran Serigrafic SL
6Colibri Scooters, S.L.
7Desarrollo Diseño & Styling S.L
8Dieta Coherente. Amad Promoción de Salud S.L
9Galicia Rural Alimenta,S.L.
10Galiwonders S.L
11Gift Carding S.L
12Imatia Innovation, S.L.
13Inercial Performance, S.L.
14International Hypopressive and Physical Therapy Institute S.L
15IOS, S.L.U
16Mar Ceibe, S.L.
17Ozoaqua S.L
18Photon Platinum Products and Services S.L
19Tokapp Online, S.L.
20Used World Parts S.L.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.