spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Semana ABANCA chega a Baiona con Ibernáutica e a Lexus Breogán...

A Semana ABANCA chega a Baiona con Ibernáutica e a Lexus Breogán Cup

semana-abanca-chega-baiona-ibernautica-e-lexus-breogan-cupO Monte Real Club de Yates de Baiona acolleu a presentación dos ciclos da Semana ABANCA que se desenvolverán na Real Vila.

Primeiro Ibernáutica, o congreso sobre a sustentabilidade do turismo náutico que terá lugar este xoves e venres no Parador de Turismo, e xa o sábado a Lexus Breogán Cup, regata de cruceiros polo sistema contra-reloxo, que puxo precisamente de moda en España o Monte Real a comezos da década dos noventa, e que tivo un gran impacto na vela española pola súa orixinalidade no sistema de compensación de tempos. O acto estivo presidido por José Luis Álvarez, presidente do Monte Real, a quen acompañou a concelleira de deportes de Baiona, María Jesús Martíns, así como patrocinadores destes ciclos inmersos na Semana ABANCA, e que organizan o Monte Real Club de Yates e o Club Marítimo de Vigo.

O congreso Ibernáutica incluirá relatorios sobre a sustentabilidade no mundo do turismo náutico e celebrarase no Monte Real Club de Yates e no Parador de Turismo de Baiona, enmarcado na Semana ABANCA

Ibernáutica conta co apoio da Oficina de Turismo da Xunta de Galicia, así como do Concello de Baiona, ABANCA, Ronáutica Mariñas, Vanguard Marine, Coca Cola e Lexus, así como das Academias de Gastronomía de Galicia e dos Camiños de Santiago, o Clúster Turístico de Galicia, ANEM, a CEACNA e Paradores de Turismo entre outras institucións. Está presidida por Francisco García de Bobadilla, que fose máximo responsable do Turismo en Galicia, así como presidente de Paradores, e conta co asturiano Víctor Montero, considerado un dos máis destacados especialistas en congresos náuticos a nivel nacional, como director.

O Secretario Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alberto López-Asenjo García, será quen pronuncie a primeira conferencia de Ibernáutica ás once da mañá do xoves no Parador de Turismo de Baiona. Media hora antes o propio Secretario de Estado, con outras autoridades inaugurarán as xornadas que contarán con profesionais do máximo nivel de todas as materias a tratar, que se desenvolverán ao longo do xoves e o venres, e serán clausuradas polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao fío da unha e media da tarde do venres.

Para o sábado, está prevista unha competición enmarcada dentro da Semana ABANCA, que teoricamente era a proba de peche, pero que tras o adiamento da Copa Ibérica Ence de Remo Olímpico para o 25 de novembro en Marín, será a penúltima cita. A Lexus Breogán Cup comezará ás tres da tarde, e contará coa participación de cruceiros ORC, entre os que destaca o ?Bosch Service Solutions? con Ramón Ojea á cana, un dos barcos máis poderosos do noroeste español, así como unha nutrida frota de J80 e de Figaro. O sistema empregado é o ?contra-reloxo?, co que a compensación de tempos darase de entrada, polo que a frota unha vez tome a saída competirá a tempo real. En xogo, o Trofeo Vanguard Marine para o club gañador (equipos de dous barcos), consistente nun xogo de balizas Vanguard valorado en varios miles de euros para a Escola de Vela que corresponda.

- Publicidade -spot_img