spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Biblioteca Municipal da Guarda amplía o prazo de participación na iniciativa...

A Biblioteca Municipal da Guarda amplía o prazo de participación na iniciativa «Biblioteca Solidaria»

biblioteca-municipal-da-guarda-amplia-prazo-participacion-na-iniciativa-biblioteca-solidariaA Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrou o Día da Biblioteca, que se conmemora cada 24 de outubro, promovendo diversas actividades dirixidas ao público en xeral. Entre elas destaca a «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa na que que aquelas persoas que se achegaron ao espazo de ocio e lectura municipal puideron escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros).

Dado o éxito da iniciativa, e tendo en conta a proximidade do Nadal, a Biblioteca Municipal amplía o  prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes non sexan perecedoiros. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as asociacións da Guarda que teñan unha función de axuda social ou ben a aquela que máis os precise, en función da cantidade recollida.

Co fomento da colaboración solidaria a través desta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das persoas ou grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención. Esta é, así, unha boa maneira de fomentar a lectura e a solidariedade dende a  Biblioteca Pública, cuxa función principal pasa por achegar á cultura a toda a poboación á que serve, ofrecendo un espazo de convivencia e de oportunidades culturais, educativas e de inserción social.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.