spot_img
InicioVal MiñorNigránMáis de 500 deportistas participan o domingo na X Marcha BTT &...

Máis de 500 deportistas participan o domingo na X Marcha BTT & Trail Concello de Nigrán

Máis-500-deportistas-participan-domingo-X-Marcha-BTT-Trail-Concello-NigránAdemais,  90 persoas se inscribiron para un roteiro de 14 km que coincide na maior parte do itinerario coa proba de trail

 Máis de medio millar de persoas participarán o domingo na X MARCHA BTT & TRAIL CONCELLO DE NIGRÁN 2015. O Concello e a Peña Ciclista Val Miñor celebran este evento deportivo con saída e chegada dende o Pavillón de Panxón (Nigrán) e que por vez primeira inclúe proba de trail, na que ademais participará o alcalde de Nigrán, Juan González. En total, hay 300 inscritos en BTT, 130 en trail e 90 para a andaina. A organización anima a traer ao evento 1 kilogramo de alimentos non perecedeiros destinados a Caritas-Ramallosa.

A saída de BTT será ás 09:15 horas dende o Pavillón de deportes de Panxón para facer un percorrido duns 40 Kms por pistas forestais dunha dificultade media-alta que atravesarán parroquias como Camos, Chandebrito ou Parada. Esta marcha alcanza unha altitude máxima de 395 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 25,8%. En condicións normais, débese facer entre 4 e 3 horas e media.

Pola súa banda, a saída de Trail será ás 09:45 horas tamén dende o Pavillón para facer un percorrido duns 20 Kms. Trátase dunha ruta cunha dificultade media e perfectamente realizable que transcurre polos montes das parroquias de Parada, Vilaza, Camos… O percorrido alcanza unha altitude máxima de 362 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 34%. En condicións normais,  deberase facer entre 3 e 2 horas e media.

Finalmente, o roteiro sairá ás 09.30 horas para recorrer preto de 14 km que coinciden co itinerario do trail. Trátase dunha actividade guiada de dificultade media-alta e que comprende unhas 4 horas de duración. Os participantes deben levar calzado e roupa cómoda.

- Publicidade -spot_img