spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Igrexa de Santa Liberta escenario de luxo do Festival Espazos Sonoros

A Igrexa de Santa Liberta escenario de luxo do Festival Espazos Sonoros

ROMARÍA DE SAN COSME E SAN DAMIÁN 2014 EN BAIONA, Santa Liberata

A igrexa de Santa Liberata será, o vindeiro domingo 18 ás 20:00 horas, o escenario de luxo do Festival Espazos Sonoros. O cantante e laudista Joel Frederiksen ofrecerá un recital íntimo de músicas renacentistas e barrocas con obras, entre outros, de Thomas Campion, John Dowland, Tromboncino, Willaer e Caccin.

Nacido nos Estados Unidos e asentado desde hai anos en Europa, Joel Frederiksen é cantante e laudista. Cun profundísimo e impresionante rexistro de baixo, é unha desas voces que destacan tamén polo seu gusto e personalidade, calidades que combina harmoniosamente coa súa faceta de instrumentista.

Igrexa-Santa-Liberta-escenario-luxo-Festival-Espazos-Sonoros

Cunha brillante carreira de concertos ao longo de todo o mundo e colaborador de prestixiosas formacións como o Folgas Ensemble, a Freiburger Baroque Orchestra, Hesperion XX, Musica fiata ou o Ensemble Gilles Binchois, en 2003 fundou o seu propio conxunto, o Ensemble Phoenix Munic, co que gravou varios discos que lle valeron varios premios como o Orphée dOr 2011, outorgado pola Academia Francesa do Disco Lírico e o premio Boto-Klassic 2013, polo seu disco Requiem for a Pink Moon.

Para a pequena igrexa barroca de Santa Liberata de Baiona, o cantante presenta un recital íntimo de músicas renacentistas e barrocas con obras, entre outros, de Thomas Campion, John Dowland, Tromboncino, Willaer, Biaggio Marini ou Giullio Caccini, nas que se acompaña dun laúde e arquilaúde, conxunto que sorprende polo seu elevadísimo nivel de perfección e, ao tempo, de expresividade, elegancia e franqueza, nunha total ausencia de afectación, tanto na voz como na interpretación…

Espazos Sonoros chega á súa oitava edición cunha programación singular que nos convida a descubrir, co fío da música, valiosos lugares do patrimonio galego.

Espazos Sonoros dá aos baioneses e visitantes a oportunidade de respirar de vagar, de baixar o ritmo, de mirar o noso contorno e reparar no detalle. Todas esas sonoridades configuran esta programación, construída para unha percepción e unha vivencia a través dos cinco sentidos, e abre tamén unha canle para o turismo cultural de calidade nesta entrada do outono, unha boa motivación para hacercarse esta a Igrexa de Santa Liberata na procura da música, do descubrimento do patrimonio e do encontro coa natureza. Póñanse cómodos e anímense a coñecer e a goza esta fermosas proposta.

- Publicidade -spot_img