Inicio Pontevedra Máis de 500 deportistas participan o domingo na X Marcha BTT &...

Máis de 500 deportistas participan o domingo na X Marcha BTT & Trail Concello de Nigrán

Máis-500-deportistas-participan-domingo-X-Marcha-BTT-Trail-Concello-Nigrán

Ademais,  90 persoas se inscribiron para un roteiro de 14 km que coincide na maior parte do itinerario coa proba de trail

 Máis de medio millar de persoas participarán o domingo na X MARCHA BTT & TRAIL CONCELLO DE NIGRÁN 2015. O Concello e a Peña Ciclista Val Miñor celebran este evento deportivo con saída e chegada dende o Pavillón de Panxón (Nigrán) e que por vez primeira inclúe proba de trail, na que ademais participará o alcalde de Nigrán, Juan González. En total, hay 300 inscritos en BTT, 130 en trail e 90 para a andaina. A organización anima a traer ao evento 1 kilogramo de alimentos non perecedeiros destinados a Caritas-Ramallosa.

A saída de BTT será ás 09:15 horas dende o Pavillón de deportes de Panxón para facer un percorrido duns 40 Kms por pistas forestais dunha dificultade media-alta que atravesarán parroquias como Camos, Chandebrito ou Parada. Esta marcha alcanza unha altitude máxima de 395 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 25,8%. En condicións normais, débese facer entre 4 e 3 horas e media.

Pola súa banda, a saída de Trail será ás 09:45 horas tamén dende o Pavillón para facer un percorrido duns 20 Kms. Trátase dunha ruta cunha dificultade media e perfectamente realizable que transcurre polos montes das parroquias de Parada, Vilaza, Camos… O percorrido alcanza unha altitude máxima de 362 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 34%. En condicións normais,  deberase facer entre 3 e 2 horas e media.

Finalmente, o roteiro sairá ás 09.30 horas para recorrer preto de 14 km que coinciden co itinerario do trail. Trátase dunha actividade guiada de dificultade media-alta e que comprende unhas 4 horas de duración. Os participantes deben levar calzado e roupa cómoda.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies