spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaZona Franca firma co Concello da Cañiza un convenio para desenvolver un...

Zona Franca firma co Concello da Cañiza un convenio para desenvolver un novo parque empresarial de 846.000 metros cadrados

Zona Franca firma co Concello da Cañiza un convenio para desenvolver un novo parque empresarial de 846.000 metros cadradosO delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades; e o alcalde da Cañiza, Luís Gómez Piña, asinaron na sede do Consorcio en Vigo o convenio para desenvolver un novo parque empresarial de 846.000 metros cadrados nese municipio.

Revista COUSAS DE Nº17

David Regades explicou que “a demanda de chan empresarial na provincia de Pontevedra levou a Zona Franca a estudar novas localizacións e, tras os informes dos técnicos, concluímos que A Cañiza é un enclave privilexiado, moi preto de Portugal, e equidistante Vigo e Ourense, coa autovía Rías Baixas que o atravesa”. Subliñou que “o estudo encargado por Zona Franca determina que a actuación é urbanística, técnica e economicamente viable”.

Luís Gómez Piña sinalou que “o Concello da Cañiza é consciente da importancia e interese socioeconómico que a implantación dun parque empresarial vai supoñer para o noso territorio. Un proxecto que non sería posible sen esta ferramenta do Goberno de España que é a Zona Franca, porque supera as posibilidades orzamentarias e de xestión do propio Concello”.

O rexedor engadiu que “este é un proxecto aprobado por unanimidade, cos votos favorables de todos os concelleiros, goberno e oposición. Isto demostra que para esta alcaldía a prioridade son os veciños, porque non é un proxecto meu ou dun partido, é un proxecto cañicense”.

Xa en outubro de 2022, Zona Franca e Concello formalizaron un protocolo de colaboración e, como consecuencia de leste, o Concello solicitou a incorporación ao Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia a superficie do novo parque, que se atopa ao pé da autovía e cunha orografía relativamente chaira aínda que, a súa clasificación é, no seu maior parte, urbanizable e rústico de protección forestal.

Así que o Concello da Cañiza debe modificar o PXOM para cambiar a clasificación do chan nese ámbito, de rústico de protección forestal a chan urbanizable, recolléndose a cualificación de uso industrial, co obxectivo de promover a implantación dun novo ámbito de desenvolvemento industrial no termo municipal da Cañiza.

Unha vez modificado o PXOM, as partes comprométense a formalizar un convenio para executar o plan e permitir o desenvolvemento urbanístico deste chan, para que este poida ser comercializado por Zona Franca.

No devandito convenio establecerase a seguinte secuencia no:

* Redacción e tramitación ata a súa aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización (PU).

* En paralelo á redacción do PU, redactarase o Proxecto de Expropiación (PE) dos bens e dereitos afectados polo desenvolvemento, e incluirá os acordos de exclusión que se establezan con aqueles titulares que queiran manter a súa actividade no ámbito. O importe previsto para a expropiación da totalidade dos bens e dereitos afectados cífrase nun total máximo de 2.600.000 €.

*Tramitación ata a súa aprobación definitiva dos PU e PE.

*Redacción e tramitación ata a aprobación definitiva do Proxecto de Reparcelamento.

*Obras de urbanización, ata un orzamento máximo de execución material de 26.000.000 €.

Zona Franca redactará os proxectos de expropiación, urbanización e reparcelamento, asumirá os custos das expropiacións, así como os das obras de urbanización e reparcelamento previstas nos correspondentes proxectos. Finalmente cederá ao Concello, libre de cargas, os viais e servizos previstos no proxecto de urbanización, os parques e xardíns públicos, os aparcamentos públicos e os terreos precisos para a instalación e funcionamento dos restantes servizos públicos necesarios.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.