spot_img
InicioAlto MinhoA parroquia tomiñesa de Sobrada e a freguesía portuguesa de Cristelo Côvo...

A parroquia tomiñesa de Sobrada e a freguesía portuguesa de Cristelo Côvo celebrarán un ano máis o seu tradicional Lanzo da Cruz

o Lanzo da Cruz comparte a festa coa veciña freguesía portuguesa de Cristelo Côvo a quen a une lazos de amizade ancestrais.
@Asociación Lanzo da Cruz

A romaría, única en Galicia, conserva a antiga tradición dos lances de cruz nos que o párroco bendice aos barqueiros para que teñan boa pesca

Revista COUSAS DE Nº17

O vindeiro luns 10 de abril, luns de Pascoa, os veciños e veciñas da fronteira tomiñesa e valenciana, a quen unen lazos ancestrais, celebrarán o seu tradicional lance de cruz.

É o Lanzo da Cruz unha cita transfronteiriza na que ademáis do tradicional lance, as poboacións de ambas marxes cruzan ao río festexando a súa amizade. O párroco galego en procesión polo río, visita a marxe portuguesa onde dá a bicar a cruz. E o párroco portugués fai o mesmo na marxe galega.

O Lanzo da Cruz é organizado polas asociacións de ambas marxes que dende sempre organizan este encontro único na fronteira e que atrae aos veciños e veciñas dos arredores. Un encontro entre amigos, irmáns, veciños pero tamén un encontro coas raíces de ambos pobos onde unha vez máis lembran a boa saúde das relacións transfronteirizas.

Os lances de cruz

Os lances é un ritual no que o párroco bendice aos barqueiros e as súas redes para que teñan boa pesca e o Miño “non cobre o seu foro” (o foro entendido como a morte). A cambio, os barqueiros ofrécenlle ao párroco a primeira lamprea do lance.

Os lances de cruz é unha práctica que se viña realizando dende aproxidamente o ano 1.500 ao longo do último treito do río Miño e que na actualidade só se celebra na parroquia de Sobrada e na freguesía de Cristelo Côvo. Ambas marxes, comparten tradición e celebran os vellos rituais como antano, no luns de Pascoa.

A simbiose dos elementos históricos coa modernidade, fan desta romería un acto singular e que representa a excepcionalidade da fronteira baixomiñota. Unha cita única que reúne todos os anos a veciñanza de ambas marxe e a turistas que non queren perderse unha data senlleira.

- Publicidade -spot_img