spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona capital galega do deporte inclusivo coa celebración do IV Torneo Integra...

Baiona capital galega do deporte inclusivo coa celebración do IV Torneo Integra Vila

Baiona capital galega do deporte inclusivo coa celebración do IV Torneo Integra VilaBaiona é esta fin de semana a capital galega do deporte inclusivo coa celebración do IV Torneo Integra Vila

Revista COUSAS DE Nº17

Nesta edición participan, ademais do equipo local, o Erizana FC, a Fundación Celta Integra, R.C. Deportivo da Coruña, Real Sporting de Xixón, Rácing de Ferrol, CD Lugo e SD Ponferradina.

Este torneo fomenta a integración das persoas con diversidade funcional

“Queremos que Baiona sexa unha vila inclusiva en todos os aspectos, e por suposto o deporte é unha plataforma incrible para Integrar a todas as persoas e colectivos”, asegura o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

Na xornada de hoxe, domingo, organizouse unha viaxe ata as Illas Cíes para os equipos participantes e un foro de traballo no Parador de Baiona, no que diferentes expertos que traballan con persoas con diversidade funcional contaron as súas experiencias, incidindo na mellora na atención e a integración desde diferentes perspectivas.

Encadrado no tradicional Torneo de F8 Vila de Baiona que organiza o Erizana C.F., o torneo Integra converteuse nun evento que vai máis aló do puramente deportivo e que ano tras ano acolle Baiona cunha gran implicación social.

- Publicidade -spot_img