Inicio Pontevedra Zona Franca de Vigo ten previsto un investimento para 2017 de máis...

Zona Franca de Vigo ten previsto un investimento para 2017 de máis de 44 millóns de euros en Vigo e a súa Área Metropolitana

presentacion-en-galicia-do-concurso-europeo-de-navegacion-por-satelite-galileo-masters

Pedrosa presentará ao pleno do Consorcio os orzamentos para 2017 que inclúen un investimento de máis de 44 millóns de euros en Vigo e a súaÁrea Metropolitana.

Na sesión que se celebre o vindeiro mércores día 20, un ano despois da última sesión convocada polo Alcalde-Presidente, os membros do Pleno do Consorcio coñecerán os orzamentos elaborados pola Delegada do Estado, Teresa Pedrosa, para o próximo exercicio 2017 así como o peche de contas do ano anterior.

Nesta reunión, a Delegada expoñerá ao Pleno as principais actuacións que este organismo ten previsto acometer para seguir impulsando o desenvolvemento económico de Vigo e a súa área metropolitana.
Para o 2017, a Zona Franca de Vigo ten prevista un investimento global de máis de 44 millóns de euros.

Desta cifra, máis de 30 millóns de euros invístense en obras e infraestruturas no municipio de Vigo o que supón un 68% do total do investimento previsto. No resto da área Metropolitana de Vigo, a cifra de investimento en obras e infraestruturas ascende a case 6,8 millóns de euros é dicir un 15% do total.
Dentro do municipio vigués, o Consorcio vai realizar no polígono de Balaídos obras por un valor total de 15 millóns de euros entre as que non só están a construción de novas naves e rehabilitación de existentes senón tamén actuacións de eficiencia enerxética así como un centro de negocios que aloxará entre outros proxectos á Business Factory Auto, a nova aceleradora de empresas do sector da automoción que van promover conxuntamente o Consorcio da Zona Franca, a Xunta de Galicia e o sector da automoción representados polo seu clúster CEAGA e o principal motor PSA Peugeot-Citroën.

comillasTamén se propón ao Pleno a aprobación do Convenio coa Xunta de Galicia e a escritura de cesión de terreos da ETEA á Universidade de Vigo para a sede do Campus do Mar

Como tamén se propón ao Pleno a aprobación do Convenio coa Xunta de Galicia e a escritura de cesión de terreos da ETEA á Universidade de Vigo para a sede do Campus do Mar, que xa foi previamente aprobado o pasado mes de marzo polo Comité Executivo, os orzamentos do 2017 contemplan xa 2,3 millóns de euros para iniciar as obras de acondicionamento do Edificio Siemens que acollerá o proxecto EmprendeMar. Con este proxecto o Consorcio apoiará o nacemento de novas iniciativas empresariais que axuden a innovar e diversificar o sector económico relacionado co mar.

Así mesmo, en Vigo, o Consorcio pretende seguir desenvolvendo a Ampliación do Parque Tecnolóxico. A pesar de que a anulación do Plan Xeral ha dado ao traste coa tramitación do Plan Parcial que o Consorcio estaba a redactar, este organismo pretende promover a ampliación mediante un Proxecto Sectorial que presentará á Xunta de Galicia para a súa tramitación. Neste proxecto, a Zona Franca prevé investir 6,3 millóns de euros. Trátase dunha ampliación de superficie de 200.000 metros cadrados que poderán aloxar importantes empresas do sector terciario.

Dentro tamén do municipio vigués, proxéctanse investimentos na Zona Franca de Bouzas que ascenden a case 5 millóns de euros principalmente destinados a eficiencia enerxética, renovación de cubertas, novos sistemas de seguridade, etc. que contribuirán á mellora das infraestruturas da única zona franca do noroeste peninsular.

Ademais destes investimentos en obras e infraestruturas, o Consorcio ten previsto encarar un proxecto fundamental para a área Metropolitana como é un Centro de Servizos ao Transporte para o que se destina un investimento de 7 millóns de euros durante os próximos dous anos. Este proxecto deberá instalarse na contorna máis próxima a Vigo, xunto a unha vía de alta capacidade que evidentemente terán que ser a A-55 ou a A-52. Así, en 2017 lanzaríase unha oferta pública de adquisición do chan que posteriormente será obxecto de urbanización.

Coa execución desta importante obra, Vigo verá solucionado un dos problemas fundamentais que ten pendente como é o feito de dotarse dun espazo para o aparcadoiro de vehículos pesados e de servizo ao camioneiro (aseo, aloxamento, restauración, vixilancia para o vehículo, subministración de combustible…)

Dos 6,8 millóns de euros en obras e infraestruturas orzadas para a área Metropolitana, 5 millóns serán investidos polo Consorcio na PLISAN. Neste proxecto, o conxunto das tres administracións promotoras (Xunta, Autoridade Portuaria e Consorcio) teñen previsto investir 20 millóns de euros en 2017. A Zona Franca encargarase da urbanización da primeira fase que se situará na zona Norte coñecida como Área Loxística Empresarial situada xunto á nova ligazón de conexión coa autovía de Madrid.

O resto do investimento na área Metropolitana que ascende a 1,8 millóns de euros destínase a infraestruturas de fomento do emprendemento. Por exemplo, prevese a construción de novas naves especializadas para o sector biotecnológico en colaboración co clúster biotecnológico. Tamén se poñerá en marcha un FabLab no Edificio Tecnolóxico Aeroespacial que será un espazo formado por talleres de investigación sobre fabricación dixital que, equipados con máquinas controladas por computador permiten a produción de obxectos físicos a partir de deseños dixitais, así como proxectar e crear ferramentas e dispositivos electrónicos.

É importante o esforzo que o Consorcio vai destinar ás actividades de emprendemento, innovación e internacionalización que, nos últimos anos, converteuse nun alicerce fundamental para potenciar o desenvolvemento das empresas da área.

A estas actividades que son máis intensivas en capital humano que no seu custo económico, destínanse 2,4 millóns de euros. Neste apartado, ademais de incluír a continuidade do programa de aceleración de empresas VIAGALICIA, para o próximo ano e aproveitando o coñecemento desenvolvido polo Consorcio nesta aceleradora, poñeranse en marcha outras dúas novas iniciativas: a xa mencionada Business Factory Auto e outra aceleradora VIAEXTERIOR que contribuirá á internacionalización das nosas empresas que é un dos retos fundamentais da economía galega. Para apoiar aos emprendedores con financiamento, estes orzamentos contemplan subscribir unha ampliación de 1 millón de euros no capital de Vigo Activo Sociedade de Capital Risco para que o destine a capital semente.

En 2017, a Zona Franca tamén continuará co servizo de información empresarial ARDAN, para axudar ao empresario na toma de decisións, e realizará unha nova edición da Factoría de Innovación, programa personalizado para que as empresas desenvolver proxectos innovadores e fomenten a creatividade nas súas organizacións

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies