Inicio Pontevedra Comezan as obras para adaptación de dúas sendas peonís e ciclistas na...

Comezan as obras para adaptación de dúas sendas peonís e ciclistas na PO-244 ao seu paso polo municipio de Soutomaior

comezan-as-obras-para-adaptacion-de-duas-sendas-peonis-e-ciclistas-na-po-244-ao-seu-paso-polo-municipio-de-soutomaior

O presuposto da primeira senda que comezou esta semana ascende a 22.000 euros e o da segunda, que se iniciará nos vindeiros días, a 60.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, supervisaron esta mañá o inicio das obras de execución de dúas sendas peonís e ciclistas na PO-244. A actuación, que leva a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, consiste na adaptación das dúas sendas peonís e ciclistas duns 400 metros de lonxitude.

A primeira senda duns 230 metros aproximadamente e que vai do tramo 12+060 ao 12+290 ten adxudicado un presuposto de 22.185,37 euros. A estrada PO-244 xa conta cun tramo peonil e a intención é prolongalo a partir deste tramo coa creación dunha senda compartida para peóns e ciclistas, cunha sección mínima útil de 1,80 metros, ata a pasarela situada no acceso ao Colexio Santiago Apóstol.

Coma puido comprobar o delegado, os traballos nesta primeira vía comezaron esta mesma semana e contan cun prazo de execución de tres meses. Para levalos a cabo, en primeiro lugar, procederase á escavación da terra vexetal. Despois realizarase a demolición do pavimento existente e prepararase a superficie de asento. Pavimentarase a senda con formigón cor area, de 10cm de espesor, e completarase a obra coa colocación dos bordos de formigón. Por último, realizarase a sinalización e a formación de céspede na contorna.

As obras da segunda senda, de 150 metros de lonxitude, teñen previsto comezar este mesmo verán e contarán tamén cun prazo de tres meses para ser executadas. Neste caso as obras abarcarán do tramo 11+150 ao 11+300 da PO-244. O presuposto destinado a esta senda peonil e ciclista é de 60,000 euros e o procedemento de construción será similar ao do tramo anterior coa diferenza da lonxitude.

En definitiva, e coma recalcou o delegado, “trátase de actuacións de mellora da seguridade viaria dirixidas a peóns e vehículos” no municipio de Soutomaior onde se investirá en total máis de 82000 euros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies