Inicio Pontevedra Arousa 20 mozos e mozas procedentes de 4 países e 8 comunidades autónomas...

20 mozos e mozas procedentes de 4 países e 8 comunidades autónomas participan en Vilanova de Arousa no campo de traballo “Natureza e patrimonio xunto ao mar”

20-mozos-e-mozas-procedentes-de-4-paises-e-8-comunidades-autonomas-participan-en-vilanova-de-arousa-no-campo-de-traballo-natureza-e-patrimonio-xunto-ao-mar

Esta actividade enmárcase na Campaña de Verán 2016, que oferta 9.046 prazas para albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade e na que a Xunta de Galicia inviste 2,6 millóns de euros

Un total de 20 voluntarios e voluntarias galegas, doutras comunidades autónomas e do estranxeiro, danse cita en Vilanova de Arousa entre o 4 e o 15 de xullo para participar no Campo de traballo Natureza e Patrimonio xunto ao mar que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A directora xeral visitou hoxe aos participantes que están a desenvolver tarefas de limpeza da Senda da costa do Terrón, sendeiro costeiro de gran valor ecolóxico e turístico, e de recuperación patrimonial no lavadoiro de Ousensa ademais de disfrutar de actividades deportivas náuticas e de visitas e obradoiros.

Cecilia Vázquez destacou que “os proxectos de voluntariado xuvenil, como este campo de traballo, supoñen unha magnífica ferramenta de educación non formal para a nosa mocidade”. En concreto, os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes. Así mesmo, fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países, e a relación intercultural como sucede neste campo no que participan mozos e mozas de China, Turquía, Francia, Italia ademais de 8 comunidades autónomas.

Esta iniciativa forma parte da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que oferta na provincia de Pontevedra un total de 1.800 prazas. Ademais na provincia se desenvolven campos de traballo no concello de Cotobade e nas Illas Cíes. Os campamentos para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos da provincia ofertan actividades no albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa, en Pontemaril (Forcarei) e na Illa de Ons (Bueu).

No total galego, na Campaña de Verán tomarán parte 9.046 mozos e mozas, un 6% máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas de entre 9 e 30 anos e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a creación de 900 postos de traballo de monitores e directores de tempo libre.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies