spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca de Vigo, premio á Innovación na Xestión Pública polos seus...

Zona Franca de Vigo, premio á Innovación na Xestión Pública polos seus Indicadores Ardán

 Zona Franca de Vigo, premio á Innovación na Xestión Pública polos seus Indicadores ArdánO Ministerio de Facenda e Función Pública outorga o galardón ás acreditacións que identifican e difunden a excelencia empresarial en Galicia

O Consorcio da Zona Franca de Vigo obtivo o accésit do Premio á Innovación na Xestión Pública XIV edición, que outorga o Ministerio de Facenda e Fundación Pública, pola súa identificación e divulgación das boas prácticas empresariais en Galicia a través dos Indicadores Ardán.

O director xeral de Gobernanza Pública, Olivié Bayón Céspedes, comunicoullo ao delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, explicando que nos próximos días publicarase a Orde na que a Ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, a proposta do xurado, decidiu conceder o premio á candidatura viguesa.

David Regades trasladou a súa felicitación “ao equipo de Ardán e a todo o persoal do Consorcio, porque é un mérito de todo o equipo”. Subliñou ademais que “este premio vén ratificar algo que puidemos comprobar en persoa nos últimos meses, coas visitas ás empresas: os indicadores son un valor para as compañías e reforzan a alta consideración que a sociedade ten de Ardán e os seus informes e estudos”.

Das 35.000 empresas analizadas só o 5% conseguen obter un ou máis indicadores, o que demostra que se trata dun selo de calidade moi esixente e valorado en todo o ámbito económico, polo rigor científico co que se outorgan

O Premio á Innovación na Xestión Pública está destinado a recoñecer as prácticas innovadoras en produtos ou servizos e tamén con iniciativas que xeren unha mellora organizativa ou dos procesos de xestión. A candidatura presentada pola Zona Franca de Vigo, que obtivo o galardón, xira ao redor do novo modelo, implementado a partir do ano 2015, para identificar e difundir a excelencia empresarial en Galicia en Innovación, Economía Circular, Igualdade de Xénero e Xestión do Talento.

Ata o ano 2015, a medición do desempeño materializábase en 6 Indicadores Ardán outorgados a aquelas empresas que cumpren os criterios establecidos en diversos parámetros avaliados: Gacela, Alto Rendemento, Alta Produtividade, Xeradora de Riqueza, Ben Xestionada, e Empresa Global. Todos eles baseábanse en medicións de parámetros económico‐financeiros. O novo modelo, desde 2015, analiza, mide e compara os procesos nas organizacións para relacionalos cos resultados e conta coas propias compañías como fonte de información a través de enquisas. O obxectivo é identificar a excelencia empresarial e elaborar información con maior valor engadido. Zona Franca non ten constancia de que exista en España un servizo similar e unha práctica con este enfoque.

Ardán é o servizo de información empresarial do Consorcio da Zona Franca de Vigo para contribuír á mellora competitiva do tecido empresarial de Galicia. Conta cunha base de datos de máis de 150.000 empresas e Know‐ how propio para elaborar estudos sobre o tecido empresarial de Galicia

O Indicador de Innovación foi o primeiro factor analizado con esta nova filosofía e froito do éxito creouse a Cátedra Ardán, coa Universidade de Vigo, que proporciona un marco estable de colaboración e transferencia de coñecemento coa achega de metodoloxías e diagnósticos. Así nacen os indicadores de Igualdade de Xénero, Economía Circular e Xestión do Talento nas empresas. Cada empresa con puntuación superior ao limiar establecido pola metodoloxía recibe un certificado emitido por CZFV.

Neste indicador colaborouse estreitamente coa Axencia Galega de Innovación ( GAIN). Actualmente a plataforma de autodiagnóstico ( InnoBench) é utilizada nas convocatorias de axudas públicas á innovación INNOVAPEME.

A complexidade reside na construción dos índices sintéticos robustos para o que é necesario seleccionar as dimensións para medir, os indicadores e as ponderacións. Tamén no deseño do cuestionario para as empresas co que obter información a través de internet, cuxa aplicación é propia e permite un elevado grao de autonomía e eficiencia. Así como o programa de administración de enquisas e os informes de Benchmarking para obter referencias sobre o desempeño e as plataformas abertas para autodiagnóstico, servizos elaborados na súa totalidade por persoal do CZFV.

- Publicidade -spot_img