spot_img
InicioBaixo MiñoZeljko Obradovic impartirá un Clínic de baloncesto en Tui

Zeljko Obradovic impartirá un Clínic de baloncesto en Tui

Obradovic

O sábado 2 de xullo celebrarase en Tui un Clínic de baloncesto enmarcado dentro da programación do Campus Joe Arlauckas-Tui.

O Clínic será impartido por cinco ponentes de auténtico luxo e de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, que o longo de toda a xornada disertarán sobre diversos temas.

Zeljko Obradovic impartirá un Clínic de baloncesto en TuiCarlos Vaqueiro, técnico de planificación e responsable da organización dos equipos das distintas modalidades do F.C. Porto.

Antonio Carrillo, experto na formación inicial de xogadores e de adestradores, contando no seu currículum con gran cantidade de publicacións científicas así como libros de referencia na formación de adestradores.

Pepe Laso, ex adestrador de Tau Cerámica, Fórum Valladolid e CAI Zaragoza, está considerado un dos mellores expertos na formación de adestradores.

Pepe Casal, ex preparador físico da Selección Española e de Pau Gasol, é un referente nacional en preparación física.

Zeljko Obradovic, o adestrador máis laureado na historia do baloncesto europeo, con oito Euroligas e infinidade de Copas e Ligas no seu currículum, actualmente adestrador do Fenerbahçe de Turquía.

Toda a información e inscricións atopanse na páxina www.campusjoearlauckastui.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.