spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Xunta inicia o vindeiro mércores a construción do centro de saúde...

A Xunta inicia o vindeiro mércores a construción do centro de saúde de Gondomar

o-sergas-encomenda-a-axencia-galega-de-infraestruturas-a-execucion-das-obras-de-construcion-do-centro-de-saude-de-gondomarA Xunta de Galicia comeza o vindeiro mércores coas obras de construción do centro de saúde de Gondomar, trala adxudicación do contrato, a principios do mes de agosto. Conta cun presuposto de 2.355.755,70 de euros.

Este novo centro centro da rede sanitaria pública galega, atenderá unha poboación de 10.600 persoas e vai contar con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermería. Ademais haberá unha consulta de matronas e outra sala de educación maternal, unha sala de toma de mostras, outra de espera, unha sala de técnicas e dúas polivalentes.

A área de pediatría contará cunha consulta, unha sala de espera propia, unha consulta de enfermería pediátrica e un aseo. Finalmente, nas zonas de administración e outros usos construiranse unha área de admisión, un arquivo de historias clínicas, dous almacéns, unha sala de caldeiras, outra de estar para o persoal e aseos, tanto públicos como para o persoal. Ademais haberá unha sala de xuntas e biblioteca.

As obras de construción deste novo centro de saúde en Gondomar, contarán cun prazo de execución de 14 meses.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.